Rosalía de Castro

rosalia-cadro
CULTURA

Comezan esta fin de semana os actos na honra de Rosalía

Todo o país honra a Rosalía estes días. A AELG celebra este domingo no Panteón de Galegos Ilustres a súa tradicional homenaxe á poeta. E a Casa-Museo celebra o sábado 20 unha homenaxe a Rosalía e a José Afonso.

Resgatemos o Panteón de Galegos Ilustres

arquivo-casarosalia
CULTURA

A Casa de Rosalía disponibiliza o seu arquivo informatizado

O Arquivo da Fundación poderá ser consultado para a investigación.

curtas-rosalia
CULTURA

Novo concurso de curtas dedicadas a Rosalía

A AS-PG vén de convocar a sexta edición do Certame 'Curtas para Rosalía' ao que se poden presentar filmes relacionados coa autora de Padrón.

RAG
INGRESA COMO MEMBRO DE HONRA

Rosalía de Castro protagoniza o discurso do ingreso de Basilio Losada na Academia

Basilio Losada (Láncara, 1930) ingresou esta mañá na Academia como membro de honra. Fíxoo cunha intervención que se centrou nas primeiras novelas de Rosalía de Castro.

MAIS DE 15.000 LEITORAS E LEITORES RESPALDAN A INICIATIVA

Un crowdfunding masivo financia en Portugal un libro sobre a obra de Rosalía

A obra naceu como unha iniciativa literaria na rede, mais o éxito e apoio de milleiros de leitores levouna a saír tamén en papel.

Galiza Nova
SOCIAL

Galiza Nova organiza a 20ª edición da Homenaxe a Rosalía e Castelao

O secretario xeral da organización xuvenil, Alberte Mera, lamentou que o Concello de Compostela lles impuxese unha "fianza de mil euros" para poder desenvolver o acto. 

Humor e ironía en Rosalía de Castro

O 15 de xullo cumpríronse 130 anos do falecemento de Rosalía de Castro

Rosalía morta, obra de seu fillo Ovidio
CULTURA

Poesía para o 130 pasamento de Rosalía 

O 15 de xullo de 1885 falecía na súa casa da Matanza a escritora fundadora da literatura galega contemporánea. 130 anos despois, naquel mesmo espazo hoxe convertido en Casa-Museo de Rosalía a poesía e a música homenaxearán a poeta. 

Eli Ríos
CULTURA

Eli Ríos gaña con "Café intenso" a primeira edición do premio Rosalía de Castro de Padrón

Café intenso é o título co que a poeta Eli Ríos gaña a primeira edición do Premio Rosalía de Castro de poesía promovido polo Concello de Padrón. A escritora suma un máis a súa listaxe de recoñecementos literarios, desta volta, cun libro no que leva a violencia machista á poesía.  

rosalía
CULTURA

A figura de Rosalía interesa ao audiovisual

Tras cinco edicións e a poucos días de entregar os dous premios desta nova convocatoria, “Curtas para Rosalía” o certame organizado pola AS-PG consolídase e demostra que a figura de Rosalía interesa á creación audiovisual. 

Fotograma dunha das curtas gañadoras
CULTURA

A AS-PG convoca cineastas a elaborar "curtas para Rosalía"

“Curtas para Rosalía” chegan á quinta edición promovendo a creación audiovisual arredor da figura central da literatura galega. A AS-PG convoca este certame ao que se poden presentar traballos até o día 23 de abril.

Eu son Rosalía

Eu son Rosalía é a consigna para este ano da asociación de escritoras e escritores en lingua galega, nos actos de festexo polo aniversario de Rosalía de Castro. Unha consigna que non podería ser máis axeitada e, tristemente, menos fóra do tempo.

IES Pino Manso
CULTURA

Unha xornada con Rosalía como protagonista de centos de actos e iniciativas

Ao longo de todo o país, Rosalía é protagonista de centos de actos en centros de ensino, concellos, asociacións, iniciativas privadas ou homenaxes particulares nas redes sociais. Sermos Galiza ofrece na súa loxa un especial dedicado a Rosalía. 

.
CULTURA

Google dedica o seu “doodle” a Rosalía no seu aniversario

Millóns de ordenadores abren neste 24 de febreiro lembrando Rosalía no seu aniversario.

funda
CULTURA

A Casa-Museo Manuel María énchese na homenaxe a Rosalía

A Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei abriu as portas para homenaxear a Rosalía e conseguiu que máis de 300 persoas enchesen as dependencias na final do concurso escolar “Rosalía sempre viva”.  

A Galiza universal de Rosalía de Castro

Aquel 24 de febreiro de 1837 nacía en Compostela María Rosalía Rita, “hija de padres incógnitos”. Así certificou o seu bautizo o crego, José Vicente Varela y Montero, e na marxe desta partida de nacemento, apuntaba: “No entró en la Inclusa”. Nestas circunstancias anómalas, nunha época de preconceitos e ocultismos, veu ao mundo a que sería a maior gloria e talento en concibir unha Galiza redenta e dona de si. 

placa
CULTURA

Cando naceu Rosalía? Cando morreu Murguía?

Os humanos temos varias varas de medir a importancia que outorgamos a algunhas e a algúns dos nosos conxéneres, en vida ou despois da morte, desde as clásicas estatuas aos recentes doodle, pasando por placas conmemorativas e lápidas funerarias. 

Detalle cartaz Rosalía AELG
CULTURA

Bufandas para unha Rosalía que “aterece”

Sairán o día 24 de febreiro, cubrir as estatuas de Rosalía espalladas polo país. Para iso, tecerán bufandas e chales por elas mesmas, para darlle calor a unha Rosalía “que aterece”. É a proposta da plataforma A Sega para o aniversario do seu nacemento. 

Rosalía por Maside
CULTURA

“I ante aquel silencio mudo” leva Rosalía ao CGAI

“I ante aquel silencio mudo”, o documental producido pola AS-PG sobre Rosalía e Cantares Gallegos proxéctase este sábado 31 de xaneiro ás 18 horas na sede do CGAI da Coruña.