Rosalía de Castro

aeroporto
CULTURA

O Goberno compostelán proporá chamarlle ao aeroporto Rosalía de Castro

Compostela Aberta levará mañá quinta feira a pleno do Concello unha moción na que insta ao Ministerio de Fomento e a Aena a incorporarlle o nome de Rosalía de Castro ao aeroporto de Lavacolla. 

CULTURA

O físico que non gañou o Nobel mais leu Rosalía en alemán

Arnold Sommerfeld foi 81 veces candidato ao Nobel de Física. Nunca llo concederon mais, con  moita probabilidade, o 7 de abril de 1925, na Coruña, leu Rosalía, Pondal e Carré Aldao en alemán.

textorosalia
"MAIS CANTO ESA TERRA CRÍA TODO... TODO É DOS SEÑORES"

Primeiro texto de Rosalía (publicado) en galego

Foi un 24 de novembro de 1861, no número 47 de  El museo universal, sen dúbida a revista ilustrada española máis importante do terceiro cuarto do século XIX.

Fotografías de Rosalía tomadas por María Cecilia Cardarelly Bousquet
María Cardarelly, a retratista de Rosalía

A pioneira da fotografía en Galiza

Recentes investigacións permitiron confirmar que Compostela contou coa primeira fotógrafa de estudio en Galicia. Chamábase María Cardarelly e compuxo os primeiros retratos coñecidos de Rosalía de Castro.

curtas-rosalia2
CULTURA

Volve convocarse o certame 'Curtas para Rosalía'

A AS-PG vén de convocar a sétima edición do certame 'Curtas para Rosalía', que está aberto até maio do vindeiro ano. 

[Imaxe: AELG] Kathleen March
Kathleen March, catedrática na University of Maine

“Rosalía foi a culpábel de darme a coñecer máis sobre a escrita feminina”

Conversamos con Kathleen March (Rochester, NY, 1949), catedrática emérita de Español na University of Maine, co gallo da xornada que o Consello da Cultura Galega dedicou á súa obra para dar a coñecer mellor o seu traballo, valorar os seus contributos e proxectar cara ao futuro un legado intenso.

mulleres bravas
Proxecto de Urco

"Mulleres bravas da nosa historia", de Rosalía a María Victoria Moreno

Mulleres bravas da nosa historia é unha nova iniciativa editorial que nace coa vontade de crear unha colección de biografías de mulleres senlleiras que forman parte da historia da Galiza, dirixida ao público máis novo

dornas rosalía
CULTURA

Dornas de Arousa remontan Ulla e Sar para render homenaxe a Rosalía

Unha ducia de embarcacións volveron recuperar o roteiro tradicional da man da iniciativa 'Que inchadiña branca vela', organizada pola ACD Dorna e a Fundación Rosalía de Castro.

pianorosalia
CULTURA

O piano da familia Castro-Murguía, da Coruña á Casa de Rosalía

A Coral Follas Novas da Coruña vén de cederlle en depósito á Casa-Museo de Rosalía o piano da familia Castro-Murguía que Gala lle agasallara nos anos 50.

pano
CULTURA

Xogos florais de Tui: 125 anos de reivindicación da nación galega

Foi outro 24 de Xuño. De 1891. Hai 125 anos. Eran, segundo uns, as cinco da tarde cando comezou o acto. Segundo outros eran as tres. 

carta_de_rosalia_Página_2
CULTURA

O arquivo da familia Baltar regresa a Galiza

Hoxe a familia Baltar asinou en Madrid un acordo coa Fundación Rosalía para depositar na súa Casa-Museo de Padrón o seu arquivo histórico, que inclúe valiosa correspondencia de Roalía, Murguía, Castelao, a RAG, Alfredo Brañas e outros. 

Carta a Paco (Jorquera)

xosevelo
MEMORIA E HISTORIA

100 anos de Xosé Velo e o seu “¡Morra España! ¡Viva Hespaña!”

O 21 de abril de 1916 nacía en Celanova Xosé Velo Mosquera, o líder do DRIL que asaltou o Santa María para denunciar as dictaduras ibéricas. E a comisión do seu Centenario celébrao publicando o único libro que saíu do prelo da súa editora Nós, dentro da colección Galicia Ceibe. 

[Imaxe: Xurxo Lobato]
EXPOSICIóN EN COMPOSTELA

Rosalía, a ollos de Xurxo Lobato

“Airiños, aires, Rosalía” é a exposición que lugares significativos na vida da escritora galega través de medio cento de fotografías de gran formato tomadas por Xurxo Lobato.

Premio-Rosalía-en-defensa-do-Ensino-Público
Xornada de formación

As Anpas galegas entregan os premios Rosalía e Werto en Carballo

A Confederación de Anpas Galegas participan este sábado na xornada de formación organizada pola Federación de Anpas da Costa da Morte, onde tamén se entregarán os premios Rosalía e Werto a favor e en contra, respectivamente, do ensino público.

Rosalía sempre viva

CANDO A POESíA DESFAI A NEVE APARECE ROSALíA SEMPRE VIVA.

Rosalía e Manuel María vense en Outeiro de Rei

Outeiro de Rei acolleu a segunda edición do concurso de recitado Rosalia Sempre Viva. Centenares de persoas gozaron e reivindicaron cos versos de Manuel María e Rosalía

DSC_1935
CENTOS DE ACTOS POR TODO O PAÍS

O Día de Rosalía está aquí para ficar

Un ano máis as redes sociais ferveron co #MobilizaRosalía e co #DíadeRosalía. Asociacións, centros escolares e desta vez tamén algunhas institucións implicáronse a fondo nunha xornada que medra cada ano desde abaixo. 

XURXO LOBATO, AUTOR DA EXPO 'AIRIÑOS AIRES ROSALÍA'

“Rosalía é unha das poucas figuras que une as diferentes tribos galaicas”

Xurxo Lobato inaugurou esta semana en Lugo a mostra 'Airiños Aires Rosalía', unha “homenaxe fotográfica ao mundo rosaliano” na que retrata os lugares nos que viviu e que a inspiraron, ademais da súa pegada na Galiza contemporánea. 

Rosalia3
CULTURA

#MobilizaRosalía de Ribadeo a Braga

Esta cuarta feira 24 de febreiro, ducias de actos por toda a xeografía galega lembrarán á poeta de Padrón, que nacía hai 179 anos en Compostela.