Defendamos xuntas un futuro digno na nosa terra: Altri, non
Margarida Prieto Ledo é responsábel da Loita contra o Acaparamento de Terras no SLG.
Margarida Prieto Ledo é responsábel da Loita contra o Acaparamento de Terras no SLG.
O centro de saúde Muras, na comarca da Terra Chá, leva dúas semanas sen asistencia médica. A decisión adoptouse sen que a Xerencia da área sanitaria de Lugo dese ningunha explicación ás autoridades locais. A veciñanza de Muras mobilizouse esta sexta feira para reclamar a volta do servizo nun acto convocado polo Goberno local.
En Castro de Rei o lume afecta dúas naves industriais
Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio que afecta dúas naves industriais situadas no municipio de Castro de Rei (comarca da Terra Chá), en concreto, no lugar de Casás, parroquia de Goberno. O incendio iniciouse nunha nave de labras de madeira e pasou a outra que contén madeira acumulada. Ademais, hai unha granxa de pitos nas proximidades, pero a certa distancia e con monte polo medio. No lugar traballan os Bombeiros de Vilalba, membros do GES da Pontenova, Garda Civil e tamén medios do distinto forestal da zona de Castro de Rei, xa que o lume estendeuse tamén ao monte.