"Queremos que a asociación sexa o máis plural posíbel"
As investigadoras das universidades galegas inician os primeiros contactos para a creación dun espazo unitario que recolla todas as súas demandas. Denuncian a precarización da investigación e as súas inestábeis condicións.
Investigadores da UDC tratan de producir bioplásticos a partir do leite
Esperando polo home feminista
Julio Abalde, reelixido reitor da Universidade da Coruña
A UDC afirma nun informe que a súa inserción laboral é de 86%
O estudo realizouno o Observatorio Ocupacional no mes de xuño de 2019 con 1.506 entrevistas de 37 titulacións de grao distintas
Galiza pola República súmase aos actos contra a presenza de Filipe VI na UDC
Insta o xefe do Estado a que condene dos “crimes da ditadura franquista”.
“Galiza non ten rei”: concentración contra a presenza de Filipe VI na UDC
A plataforma Vía Galega convoca unha concentración de rexeitamento á presenza do monarca español na Reitoría da universidade coruñesa co gallo do inicio do curso académico.
Máis de 900 persoas piden á UDC que recupere as xornadas sobre prostitución
Asinan un manifesto, 'Por unha UDC con luz propia', no que se defende o debate e a liberdade na institución universitaria.
Máis dun cento de profesoras e investigadoras lamentan a suspensión das xornadas sobre prostitución na UDC
Consideran a cancelación “unha vulneración do dereito de liberdade de expresión no eido universitario” e lembran que acalar este tipo de debates vai contra a propia “pluralidade” de posicións que sobre este tema existen no feminismo.
A Universidade da Coruña cancela as xornadas sobre prostitución
Nun comunicado lamenta a “fustigación e crueldade”· nas redes sociais contra a UDC por estas xornadas, así como as falsas informacións, o que conforma un clima que “nos fai prever a imposibilidade de garantir a seguridade do debate nin a súa calidade académica”.
A UDC, ante a polémica polas xornadas sobre prostitución, defende a universidade como foro “apropiado para debater”
Un sector do feminismo critica que a Universidade da Coruña acolla unhas xornadas que considera que normalizan a prostitución como unha actividade laboral máis. A UDC indica que as xornadas, se ben “non son representativas da liña institucional de pensamento” da institución", responden "ao debate académico, científico e activista que existe na realidade social actual".
Haberá turistas que se poidan decantar por Galiza por termos lingua propia?
Lingua e turismo. Estes son os eixos fundamentais do XV Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística “Traballando en Lingua”, onde se analizará se se emprega o galego como un valor e un recurso con interese para as persoas que visitan Galiza.
O auxe da extrema dereita, a análise na Coruña esta fin de semana
O Paraninfo da Universidade herculina acolle esta sexta feira e sábado varios coloquios abertos ao público sobre a perda de dereitos e liberdades, con relatores e relatoras que virán de Austria, Reino Unido, Andalucía, Euskadi e Galiza.
As universidades galegas, preparadas para votar sobre a monarquía
“Este referendo xorde da necesidade e ansias da mocidade e estudantado de introducir un debate sobre o modelo de Estado”, así comezaba a primeira asemblea en Compostela do referendo pola monarquía que se está a preparar en 26 campus españois, catro deles galegos.
Catro campus galegos votarán nun referendo sobre a monarquía
Alumnado das tres universidades galegas está a organizar estes días un referendo pola monarquía. A iniciativa xorde após a se ter producido convocatorias semellantes en diferentes puntos do estado español. A idea parte do estudantado da Autónoma de Madrid.
Morre Meilán Gil, político de longa traxectoria, primeiro reitor da UDC e referente do Opus Dei
Non se pode historiar a política das últimas 4 décadas na Galiza sen ter en conta as achegas de José Luis Meilán Gil, falecido esta terza feira na Coruña aos 84 anos.
“Por ser muller sempre tes que estar demostrando que vales e iso resulta esgotador”
Doutora en Ciencias Físicas pola USC, Ana Xesús López é profesora da Área de Enxeñaría Mecánica da UDC e forma parte do Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL). Desde 2012, é a directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, que vén de aprobar un regulamento interno que recoñece o dereito á identidade de xénero, ao permitirlle ao estudantado empregar o nome que decida. Desde decembro de 2015, é a presidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) de Galiza. Conversamos con ela sobre ciencia e xénero. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 271.
CUAC, un chío contra a mordaza do PP
CUAC FM é unha radio comunitaria que emite na Coruña desde hai 21 anos. Desde o día 2 de outubro só a través de Internet. A Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galiza ameaza CUAC cunha multa de máis de 100.000 euros por carecer de licenza; unha licenza que hai tempo tería que ter concedido a propia Xunta. E non quere. Quere provocar o seu fechamento, na liña dun documento interno do Ministerio de Industria que no 2015 recomendaba acabar coas emisoras veciñais. CUAC vaise converter nos próximos meses no símbolo da loita contra os ataques do PP á liberdade de expresión no país.