Xustiza

Planta metalúrxica de Celsa.
Xustiza

O xuíz afasta a familia Rubiralta de Celsa e pon os acredores á fronte

A compañía metalúrxica ten unha factoría na Laracha.
Sede da Audiencia Provincial da Coruña. (Foto: Nós Diario)
Xustiza

Vexacións, coaccións e malos tratos: adiado por terceira vez na Coruña un xuízo por violencia machista

Segundo as acusacións da Fiscalía, que pide unha pena de prisión de 12 anos e medio, o home exercía contra a vítima violencia psicolóxica, física e sexual, e controlaba todos os aspectos da súa vida, inducíndoa a un "illamento social" e impedíndolle dispor de tarxeta de crédito ou conta bancaria propia.
Bernardo Arévalo. (Foto: Sandra Sebastian  / DPA)
INTERNACIONAL

Semente leva ao Constitucional o veto do Congreso de Guatemala

O Congreso acaba co grupo parlamentario progresista no contexto da persecución legal contra Arévalo e o Movemento Semente.
Protestas diante da Fiscalía de Guatemala antes das votacións da segunda volta do 20 de agosto. (Foto: Fernando Chuy / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

A investidura de Arévalo en Guatemala fica nas mans do sistema de Xustiza

A suspensión do Movemento Semente case ao tempo que se facían oficiais os resultados definitivos dos comicios en Guatemala dá inicio a unha nova pugna no seo da Xustiza guatemalteca, cuxo resultado determinará se o progresista Arévalo alcanza a Presidencia.
Víctor Jara en agosto de 1969 en Helsinki, Finlandia, nunha protesta contra a guerra do Vietnam. (Foto: Hannu Lindroos / Lehtikuva).
INTERNACIONAL

Chile condena sete militares xubilados polo secuestro e asasinato de Víctor Jara

Jara foi torturado e tiroteado o 16 de setembro de 1973 durante o golpe de Estado de Pinochet contra Allende.
Polígono eólico de Pena Galluda, na Laracha, comarca de Bergantiños (Foto: Engasa)
SOCIAL

Demandan ante a xustiza o parque eólico Banzas pola súa grave afectación a humidais de "gran valor natural"

Ecoloxistas en Acción sinala que “esta concentración de aeroxeradores sumada ao resto de parques e ao impacto das liñas de alta tensión para evacuar a enerxía eléctrica traería irreparábeis consecuencias ao ecosistema da zona”.
Cidade da Xustiza de Vigo. (Foto: Rodrigo Paz)
TRABALLO

A CIG pide corrixir "deficiencias" no concurso para a cobertura da seguridade de edificios xudiciais

A central sindical denuncia que a dotación económica é “insuficiente” para cubrir os gastos e non dá resposta ás necesidades de vixilancia e seguridade das instalacións

Donald Trump (Foto: Rich Graessle / Europa Press / Contacto).
INTERNACIONAL

Trump asegura que se entregará ás autoridades esta semana polo caso de inxerencia electoral

A fiscal Willis suxeriu que o inicio do proceso contra Trump será programado para o 4 de marzo de 2024.
Imaxe de arquivo dun supermercado (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Retiran do mercado 34.000 quilos de comida non apta para consumir

Os alimentos vendíanse no Estado español e no luso.
Sede do Tribunal Supremo, en Madrid. (Foto: Nós Diario)
Xustiza

O Supremo rexeita rebaixar a pena a un condenado por explotación sexual que alegou que a súa parella "xa se prostituía antes"

O home encargábase de vixiar que ela cumprise con tal labor e, cando non podía, delegaba esta función de vixilancia a outro home de nacionalidade romanesa que non tiña antecedentes penais. El quedaba co diñeiro recadado. Aliás, obrigouna a "manter relacións sexuais diarias pola mañá á primeira hora e cando acababa a xornada laboral", segundo a sentenza. Para iso, ameazábaa con esnaquizarlle a cara e dicíalle que se o denunciaba ía matala.
Donald Trump, nun acto de campaña en novembro de 2020. (Foto: Michael Brochstein / ZUMA Wire)
Estados Unidos

Cuarta imputación de Donald Trump, acusado agora de tentar manipular os resultados das eleccións de 2020

"Trump e os outros acusados negáronse a aceptar que perdeu, e uníronse a propósito e de forma voluntaria a unha conspiración para cambiar ilegalmente o resultado das eleccións a favor de Trump", reza a acusación, que o ex mandatario ve como unha "caza de bruxas" contra el ás portas duns novos comicios.
oficina (Foto: Nós Diario)
Xustiza

Condenada unha empresa galega por impedir a unha traballadora fraccionar as vacacións para conciliar

A muller precisaba dividir as vacacións en tres períodos para atender as citas médicas do seu fillo, que padecía unha enfermidade que o obrigaba a asistir con frecuencia ao hospital.
Concentración en condena do asasinato de Diego Bello (Foto: Plataforma Xustiza para Diego).
Filipinas

Suspendida a vista para a posíbel posta en liberdade dos policías acusados da morte do coruñés Diego Bello

"A lei filipina prohibe textualmente a concesión de liberdade baixo fianza a acusados en casos de asasinato como este, dándose, ademais, a circunstancia de que os policías estiveron prófugos da xustiza do seu país durante dez meses antes de entregarse voluntariamente en marzo deste ano", salienta a súa familia, que leva tres anos reclamando xustiza para Bello.
Santi Mina, á súa saída dos xulgados de Almería (Foto: Europa Press).
DEPORTES

O Celta despide Santi Mina

O club toma esta decisión despois de que o dianteiro galego fose condenado por abuso sexual pola Xustiza andaluza.
Tramo da autoestrada AP-53 (Foto: Acega).
ECONOMÍA

O Supremo sentenza que a concesionaria da AP-53 non ten dereito a compensación pola Covid-19

A reclamación de Autoestrada Central Galega Concesionaria Española S.A., (Acega) xa fora denegada con anterioridade polo Consello de Ministros e Ministras do Estado español.
Parque eólico na serra do Candán, entre as comarcas do Carballiño, Terra de Montes e Deza. (Foto: Arxina)
Xustiza

O TSXG desbota a suspensión cautelar de cinco parques eólicos recorridos por ecoloxistas

Os parques eólicos As Penizas, Vilartoxo, Reboiro, Serra do Faro e Monte Festeiros, recorridos por Ecoloxistas en Acción ante o alto tribunal galego, poderán aínda ser suspendidos de forma cautelar pola vía ordinaria, tal e como aconteceu recentemente cos proxectos de Greenalia Bustelo, Campelo e Monte Toural.
María José Rico, David Pavón, Torcuato Teixeira, Basilio Otero e José Antonio Pérez Sieira, esta quinta feira, en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
Xustiza

O Tribunal Supremo admite a demanda da frota contra os POEM e os espazos que reservan para a eólica mariña

A Plataforma en Defensa do Mar e dos Ecosistemas Mariños, promotora do Manifesto de Burela, deu esta quinta feira a coñecer a admisión dunha demanda presentada ante o Tribunal Supremo para que anule e revogue o Real Decreto sobre os Plans de ordenación do espazo marítimo (POEM), aprobados polo Executivo do Estado español a finais de febreiro deste ano e que reservan espazos para a eólica mariña.
Estado en que quedaron os vehículos após o accidente na A-52 á altura de Salvaterra de Miño. (Foto: Garda Civil)
Xustiza

O mozo que causou un accidente mortal na A-52 denunciará o Ministerio polo estado da vía: "Foi a principal causa"

"A Administración tiña coñecemento de que aí pasaba algo. Había moitos accidentes antes e non fixo nada. Por mor do sinistro mortal abriron os ollos. Se estivesen as barreiras de formigón, os feitos non terían o mesmo desenlace", asegura a súa defensa.
O ex presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, nunha intervención en Iowa a pasada sexta feira. (Foto: Brian Cahn / Zuma Press Wire / DPA)
star
INTERNACIONAL

Trump comparece ante a Xustiza por intentar un autogolpe de Estado ao perder as eleccións de 2020

O tribunal federal da capital dos Estados Unidos acolle esta quinta feira a lectura de cargos da última acusación contra o ex presidente Donald Trump, a máis grave até o de agora, na que detalla un plan para reverter a súa derrota nas urnas e ficar no poder.
Aeroxeradores do parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, na comarca de Ourense. (Foto:
Agostime / Europa Press)
POLÍTICA

Goberno español e Xunta pactan para evitar un conflito competencial no Tribunal Constitucional

O conflito tiña a ver co artigo 46 da Lei de medidas fiscais e administrativas, referido á normativa que regula o aproveitamento eólico na Galiza e polo que se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental.