A alcaldesa da Coruña garante a subministración de auga mais apela ao consumo responsábel

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, asegurou esta terza feira que o subministración da auga na cidade está "garantida" ao estar o encoro de Cecebre "a máis de 60%" da súa capacidade. Díxoo, a preguntas dos xornalistas, despois de que a Xunta declarase a situación de seca prolongada nas concas hidrográficas da Coruña, Arteixo e Betanzos, alén de Ferrolterra e A Mariña, ante a ausencia de precipitacións. Rei apelou, con todo, a facer un "uso responsábel da auga". "Teriamos garantida a subministración até finais de ano aínda que no último trimestre sexa época de menos choiva. Se se complicase a situación veriamos as medidas para tomar", engadiu.
Encoro de Cecebre, en Cambre. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Encoro de Cecebre, en Cambre. (Foto: Nós Diario)
Comentarios