Deputación de Pontevedra e Concello de Moaña recuperarán as carpintarías de ribeira

A alcaldesa de Moaña (O Morrazo), Leticia Santos, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinaron esta terza un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 dotado con 900.000 euros para financiar un proxecto para a rehabilitación das carpintarías de ribeira da Seara. A iniciativa céntrase na rehabilitación integral das carpintarías de ribeira de Casqueiro e Carlagho e na súa integración na contorna da praza e o paseo que bordea o areal da Xunqueira, na zona moañesa da Seara. 
Luis López e Leticia Santos, esta terza feira na sinatura do convenio. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Luis López e Leticia Santos, esta terza feira na sinatura do convenio. (Foto: Nós Diario)
Comentarios