A Fiscalía do Perú solicita 34 anos de prisión para o ex presidente Castillo

A Fiscalía do Perú solicitou esta sexta feira 34 anos de prisión para o ex presidente Pedro Castillo "polos delitos de rebelión, abuso de autoridade e grave perturbación á tranquilidade pública". Unha vez deposto Castillo, acusado de golpe de estado en 2022, a vicepresidenta Dina Boluarte substituíno. Naquel contexto, unha gran masa saíu ás rúas en protesta polo que consideraban unha usurpación e a represión deixou decenas de mortes.
Pedro Castillo, ex presidente do Perú (Foto: Nós Diario).
photo_camera Pedro Castillo, ex presidente do Perú (Foto: Nós Diario).
Comentarios