Atacan a tiros en Colombia o coche do futbolista galego Iago Falque

O xogador, fillo da senadora Carmela Silva, non se atopaba no vehículo no momento dos feitos.
Iago Falque vestiu a camiseta do Xénova na temporada 2014-2015. (Foto: Jonathan Moscrop)
photo_camera Iago Falque vestiu a camiseta do Xénova na temporada 2014-2015. (Foto: Jonathan Moscrop)

O vehículo do futbolista foi atacado a tiros nas inmediacións da sede deportiva do club América de Cali da Primera División de Colombia, equipo co que Iago Falque adestra e xoga desde o 2022.

Segundo informou o propio club, o suceso produciuse contra as 19 horas da pasada sexta feira, hora local, nun momento no que Falque non estaba no lugar dos feitos.

Investigación

O América de Cali asegura que as autoridades están a recoller todas as probas para esclarecer o acontecido na sede deportiva Cascajal, á espera de se coñecer unha versión oficial do sucedido.

Iago Falque, de 33 anos e fillo da senadora Carmela Silva, chegou á liga colombiana tras pasar pola canteira do FC Barcelona, a Juventus, o Bari, o Genoa, a AS Roma, o Almería ou o Rayo Vallecano, entre outros.

Comentarios