O Celta despide Santi Mina

O club toma esta decisión despois de que o dianteiro galego fose condenado por abuso sexual pola Xustiza andaluza.
Santi Mina, á súa saída dos xulgados de Almería (Foto: Europa Press).
photo_camera Santi Mina, á súa saída dos xulgados de Almería (Foto: Europa Press).

O Real Club Celta anunciou esta sexta feira o despedimento de Santi Mina, despois de que o dianteiro galego fose condenado a catro anos de cadea por abuso sexual pola Xustiza andaluza e de que a senteza fose ratificada polo Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSXA).

“Tras analizar minuciosamente as distintas alternativas xurídicas dispoñíbeis, como o club anunciou o pasado día 19 de xullo tras o pronunciamento do TSXA, no día de hoxe [por esta sexta feira] o RC Celta tomou a firme decisión de extinguir unilateralmente o contrato de traballo do xogador Santi Mina”, afirmou o club nun comunicado.

“Esta decisión, que conta co decidido respaldo de LaLiga, referenda sen ningún tipo de dúbida a postura inicial do club, xa que desde o primeiro día a entidade celeste subliñou que os valores do RC Celta están por encima de todo e que o club os defendería até as últimas consecuencias, incluídas as repercusións que puidese ter na planificación deportiva”, prosegue o Celta no seu comunicado.

“O RC Celta é un club centenario nado dun acto de exemplar xenerosidade e ao longo da súa historia demostrou en infinidade de ocasións o seu inquebrantábel compromiso coa sociedade e a defensa duns valores que xa son aceno de identidade do club”, conclúe a misiva do club.

Comentarios