despedimentos

Despregadura policial para evitar a chegada das mobilizacións polos comedores sociais á residencia presidencial arxentina, a terza feira. (Foto: Igor Wagner / ZUMA Press Wire / DPA vía Europa Press)
star
Arxentina

Milei afronta a segunda folga xeral contra as políticas da ultradereita, que sumiron na pobreza case 60% da poboación

A quinta feira as principais forzas sindicais arxentinas convocaron unha folga xeral para tratar de frear as políticas de extrema dereita de Javier Milei, que están a golpear a clase traballadora e dan preferencia ás grandes empresas estranxeiras.

Sesión do Comité Europeo de Dereitos Sociais, esta cuarta feira (Foto: CEDS).
star
TRABALLO

O motivo polo que o Estado español incumpre a Carta Social Europea no relativo aos despedimentos improcedentes

O Congreso estatal, ao albor dunha pregunta do deputado do BNG, Néstor Rego, focalizou parte da sesión sobre o incumprimento da Carta Social Europea por parte do Estado español. Pouco despois, o Comité Europeo de Dereitos Sociais corroboraba este quebranto, pois resolveu que "a xudicatura non pode estabelecer unha compensación adecuada para resarcir o dano" coa actual lexislación sobre despedimentos improcedentes.
Protesta do persoal de Soling o pasado 12 de febreiro (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Soling fechou sen dar aviso directo e sen pagar salarios: Inspección declara o "despedimento tácito" do persoal

Inspección considera que o empresario "nin cumpre cos requisitos formais legalmente exixidos, nin manifesta, de forma expresa e clara, a súa vontade de pór fin á relación laboral", aínda que "podería deducirse do seu comportamento".
Protesta do persoal de Soling o pasado 12 de febreiro (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Soling comunícalle ao persoal un ERE a través de 'WhatsApp': "É unha broma absoluta sen sentido"

A CIG denuncia a comunicación realizada pola empresa auxiliar do naval.
Manifestación do persoal de Maderas Iglesias en Vigo, en outubro de 2020. (Foto: Europa Press)
Xustiza

O xulgado decreta o despedimento colectivo de 91 empregados de Maderas Iglesias tras adxudicar a súa venda a Surco Interiors

A compañía vasca comprometérase a subrogar a 70 dos perto de 170 traballadores da empresa.
Patrick Koller, conselleiro delegado de Forvia, antiga Faurecia. (Foto: Forvia)
TRABALLO

A antiga Faurecia, con centros de traballo en Vigo e Ourense, anuncia 10.000 despedimentos

O provedor de compoñentes automobilísticos rexistrou en 2023 un beneficio neto de 222 millóns

H&M ameaza con fechar tres estabelecementos na Galiza (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

H&M prevé fechar tres tendas na Galiza a pesar de gañar 145% máis

Incerteza entre o persoal de Vigo, Lugo e Ferrol.
A ministra Yolanda Díaz, hoxe, no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
TRABALLO

Díaz promete acometer a redución de xornada aínda que non a apoie a patronal e facer "disuasorio" o despedimento

Á ministra gustaríalle que ese acordo para reducir o tempo de traballo conte co apoio de sindicatos e patronal, pero non descartou a posibilidade de que sexa "bipartito" e a parte representante dos empresarios non colabore.
Unha muller embarazada traballando nunha oficina. (Foto: Nós Diario)
Xustiza

As embarazadas só poderán cobrar indemnización por despedimento se se proba que sufriron discriminación

O Tribunal Supremo responde o caso dunha traballadora da RFEF cuxo recurso desestima, descartando así que fose despedida por estar embarazada.
Un estabelecemento de Hiperxel. (Foto: CCOO)
TRABALLO

Hiperxel reabrirá máis de 20 tendas tras ser adquirida por outra empresa

Case 300 persoas seguen á espera do pagamento de nóminas atrasadas.
Sede de Telefónica. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
TRABALLO

339 postos de traballo no ar: máis de 50% do cadro de persoal de Telefónica verase afectado por un ERE

O expediente de regulación de emprego atinxirá 339 empregadas galegas.
Rolda de prensa con representantes sindicais após coñecerse a sentenza (Foto: SLG).
TRABALLO

Unha residencia de Vilalba deberá readmitir unha empregada despedida por reivindicar mellores condicións laborais

A sentenza, coñecida esta cuarta feira, obriga a citada empresa a abonar os salarios que a muller deixou de percibir desde o momento do seu despedimento, a indemnizala por "danos morais" en concepto de 7.501 euros e a readmitir de maneira inmediata a traballadora.
Persoal de Einsa Print concentrado o 9 de novembro ante o Concello das Pontes. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

Persoal de Einsa realiza un paro de 24 horas para protestar contra os 154 despedimentos que quere realizar a empresa

A práctica totalidade dos 227 operarios e operarias que compoñen o persoal da empresa Einsa Print, situada nas Pontes (Eume), secundaron o paro.
Concentración esta terza feira de traballadoras e traballadores da empresa Einsa Print diante da sede territorial da Xunta da Galiza en Ferrol (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

O ERE de Einsa afectaría 154 traballadores e traballadoras da planta das Pontes

Os despedimentos suporían 67% do cadro de persoal.
Sede do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza nunha foto de arquivo. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

O TSXG determina que non é motivo de despedimento a negativa dun traballador para pasar de fixo continuo a descontinuo

Trátase da primeira vez na que a sala do social do TSXG se pronuncia sobre a conversión dun contrato fixo continuo en fixo descontinuo, motivo que, segundo o demandante, estivo detrás do seu despedimento, xustificado pola empresa por razóns de perda de carga de traballo.
Sede de Pescanova, en Vigo. (Foto: Europa Press).
TRABALLO

Nova Pescanova despedirá dos seus servizos centrais 100 persoas

Abanca negocia con Cooke desfacerse da pesqueira.
Santi Mina, á súa saída dos xulgados de Almería (Foto: Europa Press).
DEPORTES

O Celta despide Santi Mina

O club toma esta decisión despois de que o dianteiro galego fose condenado por abuso sexual pola Xustiza andaluza.
Protesta da CIG ante un supermercado Mercadona en Vigo (Foto: CIG).
TRABALLO

A CIG mobilízase contra os "abusos laborais e os depedimentos inxustificados" en Mercadona

Con esta protesta a central sindical quere denunciar a persecución á que foi sometida unha traballadora á que se lle rescindiu o contrato “de modo ilegal” tras máis de 12 anos na compañía.
O logo de JP Morgan Chase (Foto: Lucas Jackson).
TRABALLO

JPMorgan despide 1.000 empregados do First Republic Bank un mes despois da súa compra

O despedimento de persoal, que afectaría a aproximadamente 15% da forza laboral duns 7.000 empregados do banco rexional, sería notificado na madrugada desta sexta feira.
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, durante unha intervención no Congreso (Foto: Carlos Luján / Europa Press).
POLÍTICA

BNG, ERC e Bildu levan ao Congreso a derrogación da reforma laboral de Mariano Raxoi

A iniciativa que se debaterá é unha lei articulada que pretende facer unha reforma integral do Estatuto dos Traballadores e non unha mera recomendación ao Executivo estatal.