COPA DO MUNDO DE FÚTBOL

Filipinas revoluciona o Grupo 'A' do Mundial

O combinado neozelandés e a súa afección recibiron un xerro de auga fría após superar Noruega cunha grande imaxe.
Filipinas venceu a anfitrioa Nova Zelandia. (Foto: Luis Veniegra / Sopa Images)
photo_camera Filipinas venceu a anfitrioa Nova Zelandia. (Foto: Luis Veniegra / Sopa Images)

A Copa do Mundo de Australia e Nova Zelandia continúa avanzando e na xornada desta terza feira comezou a segunda rolda da primeira fase. Deste modo, no Grupo 'A' a vitoria das Filipinas sobre as anfitrioas e o empate sen goles de Suíza ante Noruega modificou substancialmente as perspectivas dos conxuntos implicados de avanzar até os oitavos de final, mentres que no Grupo 'H' Colombia derrotou Corea do Sur (2-0).

Logo de facer historia a pasada quinta feira co seu primeiro triunfo mundialista ao superar Noruega e dar unha grande imaxe, o combinado neozelandés e a súa afección recibiron un xerro de auga fría coa derrota ante as debutantes Filipinas (0-1), que viñan de perder contra Suíza.

No outro encontro do Grupo 'A', o combinado helvético sumou un valioso punto e deixou nunha situación complicada a Noruega, que queda con tan só un e obrigada a gañar a Filipinas no seu derradeiro choque As norueguesas gozaron das mellores ocasións, pero colisionaron unha e outra vez cunha inspirada Gaelle Thalmann.

Pola última, o Grupo 'H' completouse coa vitoria de Colombia sobre Corea do Sur por 2-0, nun partido onde as suramericanas foron superiores. Os tantos de Catalina Usme, de penalti, e de Linda Caicedo, deron ao seu país tres puntos que poden ser chave.

Comentarios