Fiscalía acusa Cristiano Ronaldo de defraudar 14,7 millóns de euros

Considera que o futbolista do Real Madrid defraudou estes cartos entre 2011 e 2014

Cristiano Ronaldo FB Real Madrid
photo_camera Cristiano Ronaldo FB

A Fiscalía de Madrid acusa Cristiano Ronaldo de defraudar 14,7 millóns de euros a Facenda entre 2011 e 2014. A sección de delitos económicos da Fiscalía Provincial presentou unha denuncia perante o xulgado contra o xogador do Real Madrid por catro delitos contra a Facenda Pública supostamente cometidos entre 2011 e 2014. Delitos que supoñen unha fraude tributaria de case 15 millóns de euros.

Segundo un comunicado do ministerio público, o futbolista de Madeira, de 32 anos, aproveitouse dunha estrutura societaria creada en 2010, o año seguinte á súa fichaxe polo Real Madrid, para “ocultar ao fisco as rendas xeradas en España” polos seus dereitos de imaxe, algo que supón un incumprimento “voluntario” e “consciente” das súas obrigas fiscais no Estado español.

Comentarios