A solvencia da banca do Estado á cola do sistema financeiro da UE

Os últimos test de estrés da  Autoridade Bancaria Europea (EBA) sitúan a banca do Estado á cola de solvencia do sistema financeiro da Unión Europea.

Logos de CaixaBank, Banco Santander, BBVA e Banco Sabadell (Foto: Europa Press).
photo_camera Logos de CaixaBank, Banco Santander, BBVA e Banco Sabadell (Foto: Europa Press).

As entidades de crédito do Estado español rexistran unha ratio de capital CET1 fully leaded de 12,5%. As cifras refírense a anualidade de 2023 e elaboráronse con datos recollidos na última anualidade.

A  ratio de capital CET1 é o indicador de referencia para medir a fortaleza financeira dunha entidade de crédito. O mesmo fíxase marcando uns niveis mínimos de capital en función dos riscos de cada entidade.

A solvencia dun banco é maior canta máis elevada sexa a ratio de capital CET1. Así, aquelas entidades que presentan mellores rexistros ofrecen máis garantías aos seus clientes e teñen máis posibilidades de non verse afectadas  por circunstancias adversas.

A primeira entidade do Estado en solvencia volve a ser a vasca Kutxabank, cunha ratio de capital CET1 de 17,6%. A continuación colócase, Unicaja con 13,6%, Caixabank con 12,7% e BBVA con 12,7%.

Os postos de cola en solvencia ocúpanos máis unha vez Bankiter, Santander e Abanca. As tres entidades presentan uns ratios por baixo da media da Unión Europea, cifrada en 15,8%

Abanca

Abanca presenta unha ratio de capital CET1 de 12,5%, ficando só por encima de Bankiter, que rexistra 11,9% e do Banco Santander, que marca 12,2%. Precisamente, Abanca e Santander concentran 71,1% dos depósitos galegos, sendo as entidades con máis cota de mercado no país

As entidades de crédito do Estado español rexistran os peores niveis de solvencia da UE. Concretamente as súas cifras están moi por baixo da media comunitaria pero tamén da banca alemá e mesmo da italiana.

As peores noticias para a banca do Estado están por chegar. Neste sentido, o Banco Central Europea ten posto o foco na exposición do sistema financeiro a débeda soberana, moi importante no caso da práctica totalidade entidades do Estado

Comentarios