A Unión Europea non está preparada para os riscos do cambio climático

Preocupación polos cultivos no sur continental.
Antiga construción emerxida ante a seca extrema en Málaga. (Foto: Álex Zea / Europa Press)
photo_camera Antiga construción emerxida ante a seca extrema en Málaga. (Foto: Álex Zea / Europa Press)

A Axencia Europea de Medio Ambiente, un organismo da Unión Europea (UE), difundiu hoxe a Avaliación Europea do Risco Climático, que conclúe que o bloque comunitario non está preparado para enfrontar os riscos crecentes da mudanza climática.

O documento incide en que de non tomarse “medidas decisivas agora”, a maioría dos riscos identificados “poderían alcanzar niveis críticos ou catastróficos a finais deste século”, alertando de que “centos de milleiros de persoas morrerían a causa das ondas de calor, e as perdas económicas só polas inundacións costeiras poderían superar o billón de euros ao ano”.

A Axencia reclama que os riscos climáticos sexan incorporados nos orzamentos e políticas, facendo énfase en que a situación dos cultivos no sur do continente xa está nun nivel crítico por mor da alza da calor e da seca. En 2022, as ondas de calor extrema provocaron máis de 60.000 mortes en Europa, cando nas últimas catro décadas os falecementos vinculados con fenómenos climáticos sumaron entre 85.000 e 145.000.

Comentarios