Sesión de investidura

Ana Pontón desexa "acertos" a Alfonso Rueda e volve tender a man do BNG para alcanzar "grandes acordos de país"

"Para ir nesa dirección sempre pode contar o próximo Goberno coa man tendida do BNG", afirma a líder da oposición.
Alfonso Rueda e Ana Pontón, esta quinta feira, no Parlamento. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
photo_camera Alfonso Rueda e Ana Pontón, esta quinta feira, no Parlamento. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, desexou este sábado "acertos" ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que tomou posesión nun acto decorrido no parque de San Domingos de Bonaval de Santiago, e volveu a tender a man do Bloque para chegar a "grandes acordos de país".

En declaracións aos medios antes do acto, Pontón recoñeceu que é "evidente" que ambos os dous teñen "moitas discrepancias políticas", pero manifestou que "os seus acertos redundarán no beneficio da Galiza". "Para o BNG o primeiro é este país, os galegos e as galegas", aseverou.

Así, volveu a tender a man ao líder do PP na Galiza para que poidan alcanzar "grandes acordos de país". En concreto, mencionou a defensa da sanidade pública, o dereito á vivenda e "para que haxa unha rexeneración democrática" e Galiza "avance".

"Para ir nesa dirección sempre pode contar o próximo Goberno coa man tendida do BNG. Nós estamos en política para pór no centro as persoas e desexámoslle o mellor ao país", reiterou a líder da oposición no Parlamento da Galiza.

Comentarios