O PNV cualifica as negociacións en Madrid de "endiañadas" e non descarta unha repetición electoral

Goia considerou que as negociacións en Madrid tras as eleccións xerais do pasado 23 de xullo "son absolutamente endiañadas".
O alcalde de Donostia, Eneko Goia, do PNV (Foto: Europa Press).
photo_camera O alcalde de Donostia, Eneko Goia, do PNV (Foto: Europa Press).

O alcalde de Donostia, Eneko Goia, do PNV, cre que as negociacións para conformar un novo Goberno do Estado e constituír as Cortes Xerais están a ser "endiañadas", e non descarta que poida haber repetición electoral.

Nunha entrevista concedida a Onda Vasca, Goia considerou que as negociacións en Madrid tras as eleccións xerais do pasado 23 de xullo "son absolutamente endiañadas".

"Basicamente estamos en mans de Junts, que tampouco despexou o que vai facer para a constitución da Mesa do Congreso", engadiu.

A postura de Junts

Tras sinalar que mañá se coñecerá cal é a postura da formación de Carles Puigdemont respecto diso, explicou que, en función diso, verase "cales son os escenarios que se abren de cara ao futuro".

"Eu, sinceramente, sen saber demasiado, non descarto que un dos escenarios que poida suceder sexa repetición electoral, que non me gustaría", concluíu.

Comentarios