Xustiza

Condenadas seis persoas por acosar reiteradamente na Coruña un mozo que sufriu lesións físicas e psíquicas

Entre os feitos probados na sentenza constan patadas ao can da vítima, agresións, persecucións, xestos, burlas e insultos. Nunha ocasión, segundo a sentenza, un dos condenados queimouno cun cigarro na fronte na coruñesa praza de Pontevedra. E outro dos acusados tiroulle unha botella de cristal que lle impactou nunha perna.
#acoso #bullying (Foto: Nós Diario)
photo_camera O afectado chegou a considerarse "desprezado e incomprendido" e o seu 'círculo' foi "acurtándose paulatinamente", o que o levou a "illarse na súa casa". (Foto: Nós Diario)
Comentarios