As universidades galegas non retomarán xa as aulas presenciais neste curso
As datas da ABAU extraordinaria son 15, 16 e 17 de setembro.
As datas da ABAU extraordinaria son 15, 16 e 17 de setembro.
As probas das ABAU de acceso á universidade viñeron rodeadas dunha polémica a prol dun exame único en todo o Estado, promovendo así a recentralización do ensino. Sermos Galiza conversa a este respecto con Claudia Domínguez, membro de Erguer Estudantes da Galiza e que vén ademais de examinarse das ABAU.
No marco das probas ABAU, máis coñecidas como selectividade, potenciouse unha polémica que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tacha de “estéril”, xa que detrás dela non considera que estea nin a defensa da igualdade de oportunidades nin os intereses do alumnado, senón unha vontade de recentralizar o ensino. Nese sentido, a líder nacionalista sinala Feixoo como seguidista da estratexia centralista do PP.
Desprezo ao galego, improvisación e falta de rigor é o resumo que fai a CIG das probas de Selectividade, agora denominadas probas ABAU. Ademais, engade o sindicato, houbo tamén “falta de previsión” na suspensión do exame de filosofía a sexta feira, 14 de xuño, por deficiencias na súa formulación.
A deputada de Ciudadanos electa pola Coruña, Marta Rivera de la Cruz, defende un “mesmo modelo de exercicio” para todo o Estado español. Un posicionamento que nos últimos tempos as distintas forzas do centro-dereita e dereita española pulan por meter na axenda mediática e política. Porén, diferentes voces do profesorado ou asociacións de nais e pais consideran que unha selectividade única non implica igualdade e si "centralismo".
“Examínanse dunha materia máis, a de galego, e a maiores as probas son máis difíciles e os criterios de corrección, máis esixentes”. Este foi o enfoque co que a TVG informou do inicio das probas da ABAU, a anterior Selectividade.
O presidente da Xunta vén de sumarse ás voces que, desde hai uns meses e ‘in crescendo’, reclaman unha proba de selectividade única para todo o Estado. Unha proposta que, indican desde profesorado e Ampas, ten máis a ver cunha pulsión política uniformadora do Estado que coa educación.