Muda o mapa de Groenlandia: o desxeo eleva o chan e provoca a formación de novas illas
Unha investigación detecta que o chan da illa subiu vinte centímetros en só dez anos.
Catalunya declara a emerxencia por seca, que afecta 80% da poboación
O ano marca do quecemento, tamén en Galiza
O cambio climático aumentará os efectos dos maremotos
O "principio da fin" dos combustíbeis fósiles queda fixado na COP-28
A COP-28, moi perto do acordo final mentres os Estados do Sur exixen compensacións polas emisións históricas
Indignación no movemento ecoloxista: o novo borrador da COP-28 deixa fóra a eliminación dos combustíbeis fósiles
A COP-28 evita pór unha data para a fin do uso dos combustíbeis fósiles
A COP-28 debátese entre "abandonar" ou "reducir" o uso de combustíbeis fósiles
As emisións á atmosfera na Galiza aumentaron en 2021: "Aínda estamos lonxe de cumprir o Acordo de París"
As temperaturas de novembro fan de 2023 o ano máis cálido
Logo de que a pasada segunda feira Meteogaliza dera a coñecer que o outono de 2023 foi o máis cálido e húmido da serie histórica –cunha temperatura media de 16,4ºC e un acumulado de precipitacións de 797 l/m2– o Servizo de Cambio Climático de Copernicus (C3S) confirmou esta cuarta feira que "as extraordinarias temperaturas mundiais" de novembro converten 2023 no ano máis cálido desde que existen rexistros.
Segundo o boletín mensual que publica o C3S, novembro de 2023 tivo unha temperatura media do aire en superficie de 14,22ºC, 0,85ºC por riba da media de 1991-2020 para ese mes, e 0,32ºC por riba da temperatura de novembro de 2020, que fora o mes de novembro máis cálido até a data.