A secretaria das Mulleres da CIG, Nicolasa Castro Monteiro, denunciou que a precariedade “é a que caracteriza a situación laboral da maior parte das traballadoras na Galiza.
Sobre a afirmación "critícase máis a unha muller cunha vida sexual activa que a un home", un 87,2% das mulleres están de acordo con iso e un 76,2% de homes tamén. A enquisa tamén mostra que 84,9% dos enquisados cre que pagar por manter relacións sexuais é máis propio dos homes, e o mesmo ocorre coa pornografía (66,5%).
Unha usuaria do Kit Dixital do Goberno español denunciou un caso de discriminación da lingua galega nunha consulta feita a través de correo electrónico.
SOS Racismo Galiza presentou esta quinta feira o informe no que recolle as denuncias de vulneración de dereitos rexistradas en 2022, un total de 214, constatando unha alza no racismo e na xenofobia, cunhas cifras que chaman a artellar solucións de detección e reparación.
80% da poboación xitana está afectada pola pobreza e a exclusión social e só 17% dela ten completados os estudos de ESO ou superiores. Así o revelan os datos da Fundación Secretariado Xitano, cuxa directora na Galiza, Eva Vera, conversa con 'Nós Diario' ás portas deste sábado, Día Internacional do Pobo Xitano.