Luísa Villalta

Mercedes Queixas é profesora, escritora e deputada no Parlamento da Galiza (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Mercedes Queixas, escritora: "Luísa Villalta ten un perfil moi poliédrico, era dona dun coñecemento e saber enciclopédico"

Mercedes Queixas (A Coruña, 1968) é, xunto con Montse Pena, a coordinadora de 'Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luísa Villalta' (Laiovento), unha obra que busca descubrir as arestas da vida e obra da autora. 

Vulgar cabrón

Rafa Villar, Carlos Bernárdez, Luísa Villalta e Manuel Miragaia. Encontro Galeuzca. Andorra, 1996 (Foto: Arquivo X. Carlos Bernárdez).
star
Reportaxes

A poesía de Luísa Villalta: a emoción crítica

A de Luísa Villalta en En concreto foi unha procura lúcida e teimosa, a do segredo da historia colectiva e a do ser íntimo através dunha viaxe aos infernos que é tamén rumbo de fusión da poeta coa Cidade. A imaxe visionaria e a ollada expresionista constitúen claves importantes da singularidade deste libro, unha publicación decisiva no panorama actual da poesía galega.
Luísa Villalta en decembro de 2001. (Foto: Andrés Panaro).
star
Reportaxes

Por fortuna, ás veces non sabemos que nos estamos a despedir: derradeira tarde con Luísa Villalta

Cando alguén querido marcha, á sensación de que afundiu no mar un continente, e nós con el, sucede a aparición dun mundo de illotes a emerxer para que os recordos, náufragos, se aferren ás rochas. A nosa escritora era unha certeza de carne e óso, agora memoria e palabra nada máis. Nada menos.
Montaxe con parte do elenco -fotografado por Víctor Echave- de 'O paseo das esfinxes'. Atrás, Xosé Bonome, Amalia Gómez, Luísa Villalta, 
Rita F. Gasalla e Manuela Varela.  Diante, Pedro Picos, Isabel Blanco, Sabela Hermida, Lino Braxe e Rebeca Montero (Foto: Víctor Echave).
star
Reportaxes

Desde o inicio, o teatro: novas escenas de Luísa Villalta

A lectura da obra 'Os pasos contados' reviste un grande interese xa que amplía o perfil teatral da autora. Ao tempo, o texto achéganos o autorretrato artístico dunha escritora comprometida e involucrada na procura da verdade persoal no proceso de creación.
A escritora Luísa Villalta (Foto: Arquivo familiar de Luísa Villalta).
star
Reportaxes

A descoberta de devir galega: a voz singular de Luísa Villalta

A seguir reproducimos a intervención de María Pilar García Negro proferida no acto de homenaxe a Luísa Villalta organizado na Coruña, no Teatro Rosalía de Castro, por Galiza Cultura, o 6 de Marzo de 2024, no vixésimo aniversario do seu falecemento. Este acto foi o primeiro multitudinario organizado na Galiza e na Coruña na honra e recordación da escritora.
Manuscrito de 'Música reservada' e dedicatoria no seu interior. (Foto: Arquivo da familia Pillado Vega).
star
Reportaxes

Casa aberta: Luísa á luz da amizade

O mellor xeito co que podo contribuír á celebración da obra de Luísa é a través do meu testemuño da súa amizade con Pancho e Noli. Unha amizade sólida e vibrante de vida, fraterna e fecunda, tanto humana como artisticamente. A música das palabras é a arquitectura básica da casa común. Os seus alicerces: o fondo compromiso coa cultura galega. A amizade é unha casa que torna fogar. Talvez sexa quen de cartografar a luz alí compartida...
I Congreso de Cultura Popular e Mariñeira en Corcubión, outubro de 2003, organizado pola AELG. (Foto: Arquivo Ana Romaní)
star
Reportaxes

Estas historias que lemos: a obra narrativa de Luísa Villalta

É Luísa Villalta unha escritora que transitou todos os xéneros literarios: teatro, novela, relato, poesía, ensaio, colaboración xornalística... e digo “É” porque a súa obra segue viva e vital, axudándonos a interpretar o tempo que vivimos, emocionándonos, pero este texto está reservado para aproximar ao lector á súa obra narrativa.
Cea das Letras 2003 no Restaurante Carretas en Compostela. De esquerda a dereita, de pé, David Otero, Euloxio Ruibal, Heidi Kühn Bode, Magdalena Domínguez, Marica Campo, Manoel Riveiro Loureiro, Teresa Seara, muller de Riveiro, Olga Patiño, Marta Dacosta, Miguel Anxo Fernán Vello, Anxo Quintela e Xosé María Álvarez Cáccamo. Sentados ou anicados: Gustavo Valencia, Xoán Xosé Fernández Abella, Avelino Pousa Antelo, Yolanda Castaño, Luísa Villalta, Marga do Val, Rafa Vilar, Pilar García Negro, Carlos López Bernárdez, Rosa Aneiros, Paulino Vázquez e Emma Couceiro. (Foto: Arquivo de Marta Dacosta)
star
Reportaxes

Escribiu para nós: río en herdanza, libro a libro

Solidaria, nacionalista, feminista, comprometida... Participou activamente daqueles anos politicamente axitados e esperanzadores, sabendo que o papel que lle correspondía era o de ser voz do seu tempo, voz que sinala e conciencia. Así escribiu para nós.
Luísa Villalta de adolescente tocando o violín. (Foto: Rafael Villalta - Arquivo familiar Luísa Villalta)
star
Reportaxes

O pretexto da música na obra de Luísa Villalta: a interpretación musical como fonte poética

Xa desde o comezo da súa creación literaria, Luísa serviuse da arte musical como punto de partida ao que referenciar a súa maneira de entender a poesía, e non só: axiña acudiu ao apoio da música como principal recurso técnico para a elaboración tanto da narrativa como da obra dramática ou ensaística.
Teresa Seara, Emma Couceiro, Luísa Villalta e Yolanda Castaño na presentación de 'Mulher a facer vento'. Sociedade de Instrução Guilherme Cossoul, 30 de maio de 1998. (Foto: Teresa Seara)
star
Reportaxes

Sermos nós mesmos con vida propia: a fructífera relación de Luísa Villalta con Portugal

Portugal exerceu sempre un forte poder de atracción sobre Luísa Villalta. Así o acreditan, entre outros feitos, a súa presenza nas I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa, celebradas no ano 1998, e as colaboracións literarias coas Edições Tema, selo que debuta en 1995 cunha obra da súa autoría.
Roteiro de homenaxe a Luísa Villalta conducido por María Casar, no centro, con Pancho Pillado e a nai e o pai de Luísa, María Gómez e Rafael Villalta; e Manuela Vega. Detrás, Mercedes Queixas e Cesáreo Sánchez. (Foto: Xerardo Alvaredo)
star
Reportaxes

Entre o mar e o vento, o necesario: a cidade de Luísa Villalta

Na escrita de Luísa Villalta o silencio, xunto coa música é un tecido de seda para a súa poesía. Abéirase ao “concreto” para facerse terra, nube e luz nas fronteiras dos ruídos dos outros e constrúe a Cidade que non estaba nos ollos do poder.

Tribo

A deputada de Lingua, Igualdade e Dereitos Civís, Soledad Agra (Foto: Arxina).
Entrevista

Soledad Agra, deputada: "Reivindicar Villalta e traballar na educación é fundamental"

A deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Soledad Agra, fai parte da “máis que merecida” homenaxe que Luísa Villalta recibe este ano con motivo do Día das Letras Galegas. “Era unha muller que reivindicou sempre moito, unha muller moi especial”, di Agra sobre Villalta.
Luísa Villalta (Foto: Xosé Abad).
CULTURA

A RAG celebrará o pleno do Día das Letras Galegas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña

A sesión pública, de entrada libre ata completar a capacidade do recinto, contará coas intervencións sobre a autora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2024 a cargo das académicas Ana Romaní e Margarita Ledo e do académico Euloxio R. Ruibal

Inés, Andrea, Estela, Marcela e Xiana son as integrantes do grupo A Banda da Loba (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A Banda da Loba reivindica a Luísa Villalta máis combativa pondo música ás súas letras en 'E o mar'

Chega a traca final da particular homenaxe a Luísa Villalta da Banda da Loba neste 2024 no que se lle dedican as Letras Galegas. "Non podiamos nin queriamos obviar a cara máis reivindicativa da escritora, que formou parte do movemento Nunca Máis e escribiu tomando posición do lado do pobo palestino nesta guerra que semella non ter fin", explica o grupo. "E o mar é unha homenaxe ao seu activismo, ao seu compromiso, á súa valentía e tamén ao noso pobo, porque non podemos nin queremos esquecer", engade a banda. "Tras o Prestige, os pellets. Que virá despois? Queda aprender para non termos que pasar por ningunha traxedia Nunca máis", culmina A Banda da Loba.

Marga do Val. (Foto Arxina).
Día das Letras Galegas

Marga do Val, escritora e tradutora: "Luísa Villalta escribiu para os tempos de hoxe"

A escritora Marga do Val (Vigo, 1964) coordina o número especial do 'Sermos Galiza', con motivo do Día das Letras Galegas, que acompañará 'Nós Diario' este sábado 11 de maio. 'Luísa Villalta. Devir comunidade' aglutina textos dunha ducia de autoras e autores moi próximos a Luísa Villalta.
Villalta con Isaac Díaz Pardo, nunha imaxe do Arquivo da familia.
CULTURA

A Federación Galiza Cultura organiza en Ferrol unha homenaxe a Luísa Villalta

A Capela do Centro Torrente Ballester, desde as 19.30 horas do día 15, acollerá a actividade de celebración que incluirá un recital poético, unha lembranza e un concerto musical protagonizados polo mundo da cultura e polas amizades da autora.

As letras

Vocación: ensinante