O representante no Estado español da Fronte Polisario denuncia en conversa con Nós Diario a impunidade de Marrocos pola espionaxe no territorio español, que vén de revelar a Audiencia Nacional e que se tería estendido cando menos desde 2010.
Gali admite, nunha entrevista con Berria, que non espera que o Sánchez cambie de actitude en relación co xiro dado á política española ante o Sáhara Occidental: "Debe haber algo moi grave, algún secreto, algunha chantaxe, contra a personalidade do propio presidente ou da súa contorna". O líder saharauí cre que corresponde ao pobo do Estado español esclarecer o enigma que se agocha tras esta xira.
Despois da entrada masiva en Ceuta, o masacre no valado de Melilla, a renuncia ao consenso internacional no status do Sáhara Occidental e a deterioración das relacións con Alxeria, o presidente español acude a Marrocos buscando ratificar a fin da crise cun país que considera chave para frear as migracións á Unión Europea.
O evento tivo lugar na mañá desta quinta feira fronte á sede de Correos na capital galega e estaba dirixido, en concreto, a persoas presas en Camerún, Cuba e Marrocos.
Non hai delito das forzas de seguridade españolas na súa actuación no masacre na fronteira de Melilla, asevera a Fiscalía, que ignora as peticións de organismos internacionais e en defensa dos dereitos humanos para esclarecer o acontecido, así como as probas de crimes ao dereito internacional.
A rede que entregou a eurodeputados en activo e retirados, incluída a daquela vicepresidenta do Parlamento da UE, 1,5 millóns de euros en subornos, tería a Marruecos detrás amais de Qatar, como se informou en primeira instancia.