Ana Miranda quere ser “a voz do agro galego” en Europa
A eurodeputada do BNG participou nun acto en Mondoñedo (A Mariña) no que defendeu os sectores produtivos estratéxicos.
A eurodeputada do BNG participou nun acto en Mondoñedo (A Mariña) no que defendeu os sectores produtivos estratéxicos.
A candidata do BNG volveu pedir a Alfonso Rueda que “non se esconda” dos debates
Prevén levantar a protesta con motivo do entroido a fin de semana.
A Federación Rural Galega (Fruga) destacou que a Galiza é a única autonomía do Estado na que "todas as persoas beneficiarias" da Política Agraria Común (PAC) "son cotizantes da Seguridade Social agraria". Neste sentido, o sindicato criticou esta terza feira que no resto de autonomías "as persoas beneficiarias incumpren esta condición" na campaña da PAC de 2023.
Deste modo, a Fruga reclamou que se corrixa esta "anomalía" por parte das Administracións, emprazando á Xunta da Galiza a dirixirse ao Goberno do Estado español para que a PAC recaia "exclusivamente sobre todas aquelas persoas que poidan demostrar a súa condición de agricultor ou agricultora a título principal, profesional ou activo agrario mediante a alta na Seguridade Social Agraria".
Desta maneira, segundo defendeu o sindicato agrario, as persoas solicitantes "que non acrediten estar dadas de alta na Seguridade Social agraria quedarían excluídas, dándose a posibilidade de acrecentar os importes para cobrar por parte das persoas que si demostran a súa condición de profesionais do sector agropecuario".
A veciñanza de Moaña (O Morrazo) non se rende na súa loita pola recuperación das urxencias sanitarias na localidade, suprimidas en 2020 "coa coartada" da pandemia. 100 semanas despois do comezo das mobilizacións pola recuperación deste servizo prepárase unha nova protesta.