As artes da fala xa teñen festival

Chámase Leverelem e comeza o día 5 en Pontevedra. Preséntase como o primeiro festival do mundo dedicado ás artes da fala e ao fronte das dúas xornadas sitúan dúas figuras da palabra: Xurxo Souto e Quico Cadaval. A organización vén da man da Central Folque e o concello de Pontevedra.
Leverelem
photo_camera Leverelem

Durante dúas xornadas ás 21:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra terá lugar o primeiro festival de artes da fala, o Leverelem (nome dunha canción de Marful). O día 5 Xurxo Souto será o encargado de conducir unha noite de radio ao vivo e para tan particular programa conta coa presenza de Sés, Trioliro Reguifeiros, Paulina Ceremunyska, Novos Diplomáticos, ConVersos e a Aula Folque Infantil. 

O día 6 será Quico Cadaval quen, tamén no Teatro Principal, artelle un Teatro de Variedades con Chévere, Cabraret, Triateros, Maríam Bañobre, Paula Carballeira e Pel de Noz.

As rúas da zona histórica de Pontevedra contarán tamén cun programa de actuacións coa palabra como protagonista.

Comentarios