Miles de persoas evacuadas por un gran incendio ás portas de Atenas

Centos de bombeiros loitan contra o lume.

EuropaPress_6155284_11_august_2024_greece_varnavas_residents_watch_the_fire_near_their_homes_as (1)
photo_camera O incnedio avanza a grande velocidade (Foto: DPA / Europa Press)

Miles de persoas foron evacuadas ante a ameaza de dous grandes incendios declarados este domingo nos arredores de Atenas, mentres centos de bombeiros loitan por conter o lume. Até o centro de Atenas chegou o fume, que escureceu o ceo da capital.

O incendio que máis preocupa ás autoridades é o que se declarou perto da localidade de Varnava, aproximadamente a40 quilómetros ao norte da capital grega, e que se propagou rapidamente cara ao sueste e o lago de Marathón.

Ao redor de 250 bombeiros con 79 camións, 15 avións e 11 helicópteros cisterna operan na zona para conter o incendio que xa obrigou á evacuación preventiva de sete localidades nas que viven miles de persoas. Contaron coa axuda de vehículos de extinción achegados pola administración rexional e as Forzas Armadas. A nivel aéreo, 12 avións e 6 helicópteros esfórzanse en sufocar as chamas.

Algunhas casas que se atopan dispersas na zona foron alcanzadas polas chamas, mentres que un equipo especial da Policía rescatou decenas de persoas que se atopaban atrapadas nuns 25 coches tratando de fuxir do lume, informou o portal News247.

Catro persoas tiveron que ser trasladadas a un hospital próximo con problemas respiratorios, segundo a mesma fonte.

Mentres, ao redor de 70 bombeiros con 18 camións, cinco avións e 3 helicópteros cisterna loitan contra outro incendio perto da localidade de Megara, 30 km quilómetros ao oeste de Atenas, un lume que obrigou as autoridades a evacuar o pobo de Mazi. "Xa se queimaron algunhas casas, mentres que outras están en perigo", dixo o alcalde, Panagiotis Marguetis.

Durante as últimas 24 horas declaráronse en Grecia uns 40 incendios, a maioría dos cales puideron ser sufocados antes de que se expandisen, informou o corpo de Bombeiros.

Comentarios