Calpurnia de Honra para Gonzalo Suárez

O Festival de Cine de Ourense outórgalle o premio máis prestixioso.
O cineasta e escritor Gonzalo Suárez. (Foto: OUFF) #festivaldecinemadeourense #calpurnia #ourense #cinema #gonzalosuárez
photo_camera O cineasta e escritor Gonzalo Suárez. (Foto: OUFF)

O director, guionista e escritor asturiano Gonzalo Suárez (Oviedo, 1934) recibirá a Calpurnia de Honra da 26 edición do Ourense Film Festival (OUFF). Este galardón é o máis prestixioso do certame ourensán e busca recoñecer figuras destacadas do cinema polas súas achegas vitais e carreiras no panorama audiovisual. 

A Calpurnia de Honra seralle entregada a Gonzalo Suárez nunha gala que terá lugar no Teatro Principal de Ourense, o 27 de setembro. O cineasta asturiano súmase a unha longa nómina de directores recoñecidos polo Ourense Film Festival desde a súa creación en 1995, con Eloy Lozano como o seu primeiro responsábel. Entre outros, Luis García Berlanga, Juan Antonio Bardem, Montxo Armendáriz, Pilar Miró, Xavier Bermúdez, Enrique Urbizu, José Luis Cuerda, Pedro Olea ou Antonio Roman.

Primeiro adaptador ao cine de A esmorga

Da relación de Gonzalo Suárez coa cultura galega e coa Galiza hai que destacar que foi o primeiro en adaptar para o cine a novela de Eduardo Blanco Amor A esmorga (Parranda, 1977). 

Por parte, tamén adaptou á televisión e ao cine textos de autores como Emilia Pardo Bazán (Los pazos de Ulloa (1985) e Valle-Inclán (Beatriz, 1975). 

O seu labor cinematográfico, que vai alternando co da escrita, comeza no ano 1966 en que utiliza as personaxes dunha das súas novelas para rodar a curta Ditirambo vela por nosotros que, un ano máis tarde, transformará na longa Ditirambo.

Tras varias rodaxes experimentais, encárgase da adaptación ao cine da novela La Regenta (1974) e de A Esmorga

En 1984 é a quenda de Epílogo, para a que retoma os personaxes da súa primeira película, e xa no ano 1987 estrea Remando al viento, que lle valeu o Premio Goya ao mellor director e o mesmo recoñecemento no Festival de Cine de Donostia.

Algunhas das súas obras máis destacadas dos últimos anos son Don Juan en los infiernos (1991), La reina anónima (1992), El detective y la muerte (1994), El portero (2000) ou Oviedo Express (2007), entre outras moitas das que dirixiu. 

Gonzalo Suárez foi recoñecido, entre outros, co Premio Nacional de Cinematografía, coa Medalla de Ouro ao Mérito de Belas Artes, coa Medalla de Prata do Principado de Asturias e tamén foi nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras da República Francesa. 

Comentarios