Crítica de Cinema: Fast & Furious 6, consumo rápido sen indixestión

Despois do golpe en Brasil, Dom Toretto (Vin Diesel), Brian (Paul Walker) e o seu equipo atópanse en paradoiro descoñecido e fuxidos da lei. O axente Hobbs (Dwayne Johnson) vai trala pista de unha banda de condutores mercenarios por unha ducia de países. Shaw (Luke Evans), o xefe da banda, é un ex soldado das forzas especiais británicas e destrúe un convoi militar ruso. A única forma de detelos é enfrontarse a eles nas rúas. Hobbs pídelle a Dom que reúna ao seu equipo en Londres a cambio do indulto completo para todo o equipo e tamén por unha razón algo máis subxectiva.

Fast
photo_camera Fast

Ano: 2013
Duración: 130 min.
País: Estados Unidos
Director: Justin Lin
Guión: Chris Morgan
Música: Lucas Vidal
Fotografía: Stephen F. Windon
Reparto: Vin Diesel, Dwayne "The Rock" Johnson, Gina Carano, Michelle Rodriguez, Paul Walker, Luke Evans, Jordana Brewster, Elsa Pataky, Sung Kang, Ludacris, Tyrese Gibson


SINOPSE

Despois do golpe en Brasil, Dom Toretto (Vin Diesel), Brian (Paul Walker) e o seu equipo atópanse en paradoiro descoñecido e fuxidos da lei. O axente Hobbs (Dwayne Johnson) vai trala pista de unha banda de condutores mercenarios por unha ducia de países. Shaw (Luke Evans), o xefe da banda, é un ex soldado das forzas especiais británicas e destrúe un convoi militar ruso. A única forma de detelos é enfrontarse a eles nas rúas. Hobbs pídelle a Dom que reúna ao seu equipo en Londres a cambio do indulto completo para todo o equipo e tamén por unha razón algo máis subxectiva.

CRÍTICA

A película da o que amosa o cartel: moita testosterona, músculos, curvas e coches a todo dar. Repite mesmo director das tres anteriores da saga. Trátase da continuación directa de “Fast & Furious 5”, quizais a mellor da saga e que se desenrolaba en Brasil. Nesta ocasión van por Europa. Un bo deseño de produción con carreiras polas rúas de Londres e incluso de Tenerife. As persecucións están bastante ben filmadas. Explosións por un tubo, saltos polo ar, coches tipo “Dark Knight” e avións militares, entre os indispensables Ferrari, Dodge ou Chevrolet Camaro. Hai unha escena con unha persecución na que sae un tanque dun convoi que é canto menos espectacular. Cada escena é un máis difícil aínda continuo. Isto pode chegar a cansar pero hai que recoñecerlle que puxeron moito empeño en que cada escena sexa máis incrible que a anterior. Abusa bastante dos travellings e movementos de cámara made in Jerry Bruckheimer, e que tan ben souberon parodiar en “Team America” (2004, Trey Parker e Matt Stone) ou en “Arma fatal” (2007, Edgar Wright). Ten diálogos ridículos, actuacións pésimas, unha trama que cabe nun papel de fumar e máis de unha transición de escenas con mozas bailando a cámara lenta e lixeiriñas de roupa a ritmo de hip-hop sen motivo aparente. Todo iso lonxe de ser unha desvantaxe é o que precisamente fai funcionar o filme, xa que tamén é o que espera ver o público. É unha película de consumo rápido pero que tampouco indixesta. Moi honesta neste senso porque non pretende ser máis. O que queira acción sen respiro a vai a ter, e o que queira ver cine que se cambie de sala. Engadir aos fans da saga que non se poden perder os títulos de crédito xa que tras eles enlázase coa de “Tokyo Drift” que parecía descolgada da saga pero que a colocan como se fora continuación desta. Así todo ten algo máis de sentido e por riba estase xa pensando en facer a sétima parte.

Máis en CULTURA
Comentarios