Def con Dos, Esne Beltza e Poetarras no Castañazo 2016

A organización fai público o cartaz da XIV edición do festival de Chantada. 

Castañazo

O Castañazo Rock ten algo diferente a outros festivais do país, para comezar por decorrer a finais de outubro cando a tempada vai tocando a fin.

Porén, nen o frío de Chantada nesas datas nen a resaca festivaleira do verán son un problema para se manter como unha data referencial no almanaque. En boa medida porque o cartaz non acostuma defraudar. Tampouco este ano. 

De facto, a organización vén de dar a coñecer o nome das bandas que actuarán o 29 de outubro no recinto feiral. Ás galegas Nao, Familia Caamagno, Poetarras e Ezetaerre --con quen conversamos recentemente-- súmanse os valenciás La Raíz, os madrileños Def con Dos co seu líder César Strawberry á cabeza e os vascos Esne Beltza, este ano. 

Así as cousas o festival manterá as súas citas tradicionais coa música de taberna e o correspondente concurso de cantos polas tascas locais e outras actividades que completan o programa. 

Máis en CULTURA
Comentarios