O ex guitarrista de Scorpions apresenta o seu último traballo na Coruña

Uli Jon Roth ofrecerá un concerto a próxima sexta feira 

guitarrista scorpions

Uli Jon Roth, exguitarrista dos Scorpions, rende homenaxe á Tokyo Tapes nun concerto organizado polo ciclo de concertos SON Estrella Galicia. O encontro terá lugar o próximo 14 de abril en Le Club Directo ás 22:00 na Coruña. O último traballo de Uli Jon Roth é un tributo ao álbum Tokio Tapes que gravou cos Scorpions durante a súa etapa coa banda nos anos setenta. Apresentado en 2016 co nome de Tokyo Tapes Revisited-Liv In Japan, este disco gravouse en xaneiro de 2015 na Nakano Sun Plaza Hall, a mesma sala na que se rexistrara o orixinal.

Tras deixar o grupo en 1978, Uli Jon Roth fundou Electric Sun e comezou a súa carreira en solitario.  Aos seus 62 anos, este guitarrista e compositor de Düsseldorf continúa  a ser un referente da música rock. O ciclo SON Estrella Galicia organiza este concerto na súa VIII edición. Este ciclo anual que aposta pola música alternativa contará este ano con máis de 150 concertos en diversas cidades do Estado con varios directos tamén en Brasil.

Comentarios