A organización do Resurrection Fest deu a coñecer esta sexta feira os primeiros avances do cartel da XIII edición deste festival que se celebra en Viveiro. Un cartel que vén presidido por nomes históricos do heay, como Kiss e Scorpions, ao que se engaden pesos pesados do metal industrial (Ministry) e do hard-rock (Stone Sour).
Non falta tampouco unha das referencias do anarco-punk como é Anti-Flag ou o trash metal de Overkill. Mais a listaxe de nomes anunciados é moi ampla, desde Riot Propaganda até o ska acelerado de Voodoo Glow Skulls. Aquí podes ver todas as confirmacións até o de agora.
As entradas estarán á venda ao prezo actual até o vindeiro 21 de novembro ás 23:59 horas. As entradas diarias poranse á venda o 20 de novembro a partir das 10:00 horas.