Morre Dolores O'Riordan, a vocalista da banda irlandesa The Cranberries

A morte, súpeta e por causas aínda por esclarecer, produciuse esta mesma tarde en Londres.

Vocalista, guitarrista e compositora. Dolores O'Riordan, de 46 anos, era o corazón de The Cranberries -un dos icones da música popular irlandesa desde os anos 90, entre o post-punk e o rock celta.

O seu falecimento -producido de forma súpeta na cidade, Londres, en que O'Riordan se achaba gravando un disco- causou unha profunda conmoción na escena músical global.

Con O'Riordan ao fronte, The Cranberries vendeu máis de 40 millóns de plásticos. A cantante tamén facturou discos en solitario e formou en 2016 o grupo D.A.R.K. con Andy Rourke, o ex baixista dos Smithts e co DJ neoiorquino Olé Koretsky, banda que se estrearía co álbum Science Agrees.

A cantante irlandesa -unha das dez maiores fortunas do seu país- devecía tamén polo cinema e non só achegou temas para bandas sonoras -de conviccións relixiosas colaborou con Mel Gibson en The passion of Christ-, senón que tamén fixo varias aparicións (breves, estilo cameo) nas pantallas, en fitas dirixidas por Richard Grieco ou Frank Coraci, neste último caso a partillar reparto co comediante norteamericano Adam Sandler.

Máis en CULTURA
Comentarios