Poemar o mar fai parte dunha trioloxía composta pola narración Palabras do mar (2016) e polo libro de poemas en castelán En la cuna del mar (2015).
García Teijeiro súmase á nómina de autoras e autores galegos que foron recoñecidos co galardón e que certifican a tradición do xénero na literatura galega: Paco Martín, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas. Na actualidade, o premio está dotado con 20.000 euros.