O Curtas Armadiña 2017 lanza nesta edición o premio ao mellor videoclip en galego

A edición deste ano do festival Curtas Armadiña trae unha nova sección que recoñecerá o mellor videoclip da música galega dos dous últimos anos. O obxectivo desta iniciativa é o fomento do galego. Este festival está organizado pola ACDeM Armadiña.

curtas armadiña
photo_camera Festival Curtas Armadiña 2016

O premio para o gañador será de 300€ máis unha Áncora acreditativa. O prazo de inscrición dos videoclips remata a 1 de agosto.  As pezas deben enviarse a través da páxina web www.curtas.armadinha.gal ou a través do email [email protected].

O xurado encarregado de decidir o premio (XURADO NOVO) estará conformado por mozos e mozas de entre 15 e 17 anos de Poio. A finalidade desta medida é dar a coñecer a nosa música e o audiovisual entra a mocidade, ben como achegar as actividades d’Armadiña á xente nova do municipio.

Esta iniciativa pretende ligar dúas actividades emblemáticas da asociación: o Armadiña Rock e o Curtas Armadiña, visando que as bandas galegas presentes no festival de verán aparezan tamén na pantalla en outono. O festival Curtas Armadiña vai ter lugar entre 13 e 19 de novembro e conta coa colaboración do Concello de Poio e da Deputación.

Comentarios