O Premio Compostela de Álbum Ilustrado viaxa a Grecia

Os gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, autores do texto e das ilustracións, respectivamente, foron gañadores do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado pola obra presentada co lema “El último día”. 

premioalbumilustrado
photo_camera Mostra do traballo gañador

A dotación do certame é de 9.000 euros e conleva a publicación do traballo nas cinco linguas peninsulares pola editorial Kalandraka, que colabora co Departamento de Educación do Concello deSantiago de Compostela na convocatoria do galardón. 

O xurado decidiu, por maioría, que o premio recaia en “El último día”, destacando o “equilibrio entre a ilustración e o texto, formando un todo harmónico”. Tamén valoraron a consistencia da narración, que “transmite Ledicia e tenrura á vez”. Protagonizada por un carteiro, a historia pon en valor este oficio “como un elemento de comunicación favorecedor das relacións entre persoas e comunidades”. Da proposta estética resaltaron a composición plástica, con predominio do trazo e do collage, que traslada a “unha suxerente paisaxe insular mediterránea”.

Formaron parte do jurado a ilustradora Carme Solé Vendrell; o tradutor e editor Miguel Azaola; a bibliotecaria Ánxeles Roca; Manuela Rodríguez en representación de Kalandraka; o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios; o xefe do Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago, Xosé Manuel Rodríguez-Abella; e Beatriz Rodríguez, do mesmo departamento, en calidade de secretaria.

Os gañadores

Anthonis Papatheodoulou (Atenas, 1977) estudou Animación en Atenas e Barcelona, e Literatura Española na Hellenic Open University. Traballa como tradutor e publicou varios libros. Recibiu o Premio de Álbum Ilustrado de Grecia en 2011 e 2012, o Premio de Álbum Ilustrado da revista Diavazo en 2011; varias obras da súa autoría foron incluídas na lista The White Ravens. 

Iris Samartzi (Atenas, 1979) estudou Deseño Gráfico e Arte. Traballa como ilustradora de libros infantís e como profesora de debujo en Educación Primaria. Recibiu, entre outros, o Premio Nacional de Libro Ilustrado da sección grega da IBBY en 2012 por un libro con texto de Anthonis Papatheodoulou, galardón que repetiu en 2015. Unha das súas obras tamén figura na Lista de Honra IBBY 2015. 

O xurado decidiu proclamar finalista a obra presentada co lema “Por allí, el infinito” e outorgoulle unha mención especial ao trabajo titulado “Nina e Antoine”. 

Ao IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado presentáronse 240 traballos procedentes de 24 países de Europa, América e Asia.

Máis en CULTURA
Comentarios