Habelas Hainas
Ferrol
Sala Super8
17.11.2017
22.30h
O grupo de música tradicional Habelas Hainas ofrecerá un concerto con música de raíz galega cunha ollada feminista e social.
Nacidas libres
Tui
Teatro Municipal
17.11.2017
21.30h
Unha obra de Contraproducións S.L, con texto de Cándido Pazó e dirección de Cristina Domínguez, onde catro actrices que interpretan unha ducia de personaxes.
III Feira do Mel de Montaña
Muras
Praza do Viveiró
18-19.11.2017
Unha cita familiar para gozar do mellor mel de montaña, desde o corazón da Serra do Xistral, con artesanía galega, obradoiros de cestaría, catas no Picapan-Casa Vituco, música, premios e diversas actividades para as crianzas se divertiren. Organízaa o Concello de Muras, coa colaboración de Deputación de Lugo e a Casa do Mel de Goente (As Pontes).
Fest-Noz
Compostela
A Nave de Vidán
18.11.2017
A partir das 18h
A Asociación Cultural O GALO propón un serán de música bretoa en directo con Brúa, degustación de doces típicos e sidra. Ademais, organízanse obradoiros de danza para iniciarse ou perfeccionarse en diferentes tradicións como gavotte, an dro, laride, cercle circassien, scotish, ao tempo que muiñeira ou xotas.
"Outono", de PistaCatro
Compostela
Auditorio de Galiza
18.11.2017
18.30h
Un espectáculo de teatro-circo con música en directo que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado a través do humor.
Gallaecia Gallaeciños. A historia do jazz
A Coruña
Teatro Colón
19.11.2017
12.00h
Un espectáculo musical para facer chegar a historia do jazz ás crianzas, rememorando as persoas intérpretes máis célebres deste xénero musical.
Home de area
Pontevedra
Pazo da Cultura
19.11.2017
Espectáculo de danza para público familiar a cargo de Balletnorte, centrado nun conto escrito por Hoffmann.
Matrioshka Teatro
A Estrada
Teatro Principal
21.11.2017
12h.
Manawee
Humor e poesía que se funden nun espectáculo de creación contemporánea sobre as emocións do final da infancia.
NÓS-feminino plural
Pontevedra
Varios espazos
Até 22.11.2017
A muller artista centra a campaña do 25N cun programa cultural de actividades para crear conciencia social, combater a violencia machista e avanzar na igualdade.