Revenidas 2017 xa ten datas: 18, 19 e 20 de agosto

O festival de Vilaxoán chega á súa XIV edición con máis pulo ca nunca

festival revenidas

As Revenidas, o festival que leva xa 14 anos a bombear música, enerxía e festa desde o corazón da Ría de Arousa, xa ten datas para a súa edición deste ano: 18, 19 e 20 de agosto (sexta feira, sábado e domingo). Tres días para gozar ao máximo de actuacións, convivio, sardiñas (as revenidas) e unha manchea de actividades.

O programa de actuacións non está confirmado aínda mais malo será. Unha simple ollada a carteis de edicións anteriores garante a calidade e variedade deste festival, que co paso dos anos foi quen de converterse nun dos máis importantes do noso país, facéndose indispensábel nas axenda festivaleira de milleiros de mozos e mozas. 

Máis en CULTURA
Comentarios