Enfermos pobres, médicos tristes, un traballo sobre a figura do médico rural, vén de darlle a Roberto Fernández Álvarez o XXI Premio Vicente Risco de CCSS. O xurado, composto por Alberto Baptista e Octavio Sacramento ( UTAD-CETRAD); Teresa Devesa (Concello de Allariz); Manoel Carrete (Concello de Castro Caldelas); José María Eguileta e Xosé Manoel Cid (FVR) e José María Eguileta, valorou a temática, “escasamente abordada na bibliografía antropolóxica e sociolóxica na Galiza”.
O xurado tamén destacou “o tratamento” da figura do médico, “esencial, na sanidade do
medio rural, como a personificación da ciencia no mundo das crenzas tradicionais sobre a enfermidade”.
Alén do traballo gañador, o xurado tamén salientou a importancia dos traballos “Preguntado se El Rey hy avia algun derecto”: Luta por excedentes e Estado Feudal em Baião e Penaguião (1248-1279) e Francisco Asorey, escultor galego, recomendando a súa publicación en caso de que acepten os seus autores.