Que facer?

Todo o teatro, galego e internacional, no festival de Ourense

fito

Ourense. FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO. Até o 15 de outubro. Varios espazos.

Bota a andar a décima edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que presentará en varios espazos da cidade as propostas de 13 compañías procedentes de diferentes puntos do globo, tanto nacionais, españolas e internacionais como Arxentina e Portugal. E de prato forte destácase a estrea de Cranios privilexiados, dun auténtico clásico da escena galega, Mofa e Befa. Ademais, continúase apostando nos eventos do III Encontro Mulleres Creando!

Pontevedra. NÓS TAMÉN NAVEGAR. 40 ANOS DE POESÍA GALEGA. Pazo da Cultura. Sexta feira e sábado.

Congreso de Poesía da AELG que pretende facer unha revisión da poesía galega nos últimos catro decenios, así como exame da súa situación actual e do peso da poesía no sistema literario e na sociedade galega, tendo en conta a relevante diversidade de propostas, achegas e temáticas que deixan ver as diferentes poéticas existentes, e tamén analizar colectivamente os retos para o futuro.

Carballo. GALEGO PODE SELO CALQUERA. Rúa dos Contos (Mesón As Cabañas). Sexta feira. 22 horas.

Ser galego é doado? Depende. Este monólogo de Alberte Montes desmonta desde o humor que a baixa autoestima dos galegos non é crónica.

Pontevedra. PONTE LÚPULUS. Praza de España. Sexta feira, sábado e domingo.

Terceira edición de “Pontus Lupulus”, o festival da cervexa artesanal de Pontevedra com obradoiros, contacontos, catas de cervexa, concertos e moito mais!

A Coruña. SEA SONS FESTIVAL. Varios espazos. Sexta feira, sábado e domingo.

Obradoiros de percusión corporal ou musicoterapia e actuacións de Bolboreta, Mounqup, Senectud Sideral, Nortones ou Carlota Pérez La Desmemoria, entre outras.

A Estrada. ROTEIRO AVELINA VALLADARES. Igrexa de Berres. Sábado. 11.30 h

Acompañados por Xosé Luna Sanmartín para descubrir a biografía e a obra de Avelina Valladares, unha muller do tempo dos Precursores. 

Compostela. A BANDA DOS CUEIROS. Libraría Couceiro. Sábado. 12.30 h

A Banda dos Cueiros presenta en concerto o seu primeiro libro-cd, un proxecto de música infantil asociado ao Espazo Lectura.

Compostela. FLOR NOVONEYRA. Museu Centro Gaiás. Até 26 de novembro.

Flor Novoneyra é a nova exposición do Museo Centro Gaiás que reúne dous grandes da nosa cultura nunha fusión de pintura e poesía: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.

Máis en CULTURA
Comentarios