Xa se coñecen as primeiras 28 confirmacións para o Portamérica 2017 (Caldas de Reis, 13, 14 e 15 de xullo). Pódense debullar nun vídeo que xa está nas redes ou ben ler isto. Xoel López, Porter, Iván Ferreiro, Illya Kuryaki & the Valderramas, Kase O, Niños Mutantes, Los Amigos Invisibles, Depedro, Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Siddhartha, Carlos Sadness, BNegão & Seletores de Frequência, Enric Montefusco, Indios, Ángel Stanich, Orkesta Mendoza, Mateo Kingman e Rufus T. Firefly son os primeiros artistas confirmados para esta sexta edición do festival que cambiou de ubicación para recalar agora na Carballeira de Caldas.
Haberá dous escenarios, ShowRocking, mercadiño e acampada. O diñeiro da acampada (3 euros por asistente) destinarase a unha campaña de acción social.