O premio entregouse ao gañador no acto do patrón da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Neste mesmo encontro, fíxose tamén entrega dos premios académicos de grao e máster do curso pasado así como o premio Fulget 2016. O cadro gañador de Xurxo Romero Durán, Praterías, é un acrílico sobre lenzo e será exposto de xeito permanenente no Espazo de Arte da facultade. As obras finalistas estarán expostas tamén nesta facultade até o 5 de maio.
Esta é xa a VI Edición do Concurso CreArte na Universidade, convocado pola Facultade de CC Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Este concurso que busca premiar a creación artística e a creatividade nace no ano 2011. Nun primeiro momento estaba destinado só aos membros da comunidade universitaria, mais posteriormente abriuse á toda a sociedade.