Elena Ferro falará esta terza feira, 21 de novembro, ás sete do serán no Museo do Pobo Galego en Santiago. Deseñadora coñecida e recoñecida polo seu traballo de reelaboración do calzado campesiño galego, fai parte da terceira xeración dunha familia de zoqueiros. “Os seus zocos son famosos e recoñecíbeis”, sinalan desde o museo, “cambian o uso tradicional dunha peza creada para cubrir unha necesidade básica e convértena nalgo adaptado ás tendencias máis actuais”.
Na serie de conferencias Temos unha peza, diferentes persoas achegan a súa experiencia e a súa relación co museo e os seus fondos.