París 2024 | Atletismo

A mugardesa Belén Toimil, fóra da final de lanzamento de peso

Toimil fixo hoxe dous lanzamentos nulos e un válido de 16,83, 1,33 metros por baixo da marca de corte para pasar á final.
A lanzadora galega Belén Toimil, esta quinta feira, no Stade de France. (Foto: RFEA)
photo_camera A lanzadora galega Belén Toimil, esta quinta feira, no Stade de France. (Foto: RFEA)

A lanzadora de peso mugardesa Belén Toimil non conseguiu esta quinta feira meterse na gran final, unha meta que non era nada doada tendo en conta que a marca exixida para lograr o billete directo era de 19,15 metros, 35 centímetros por riba do mellor rexistro persoal de Toimil, que é tamén plusmarquista estatal.

De feito, só tres lanzadoras conseguiron superar ese limiar —a canadense Sarah Mitton, a neozelandesa Maddison-Lee Wesche e a alemá Yemisi Ogunleye— e as nove que completaron a relación de finalistas foron desde os 18,16 da sueca Axelina Johansson até os 18,92 da neerlandesa Jessica Schilder.

Hoxe non foi o día de Belén Toimil, que estivo lonxe das súas mellores marcas. Fixo dous lanzamentos nulos, no primeiro e o terceiro intento, e no segundo quedou nos 16,83 metros.

Comentarios