Lugo-Dépor: tres importantes puntos e unha festa histórica

O derbi galego de Segunda despraza hoxe a 4.000 seareir@s do Deportivo ao Anxo Carro, que presentará unha entrada histórica para un partido que pode supoñer un paso decisivo nas aspiracións de quen se leve o triunfo.

Lugo
photo_camera Lugo

Xornada para a historia do Lugo. Case 8.000 persoas encheran esta tarde o Anxo Carro no que será a maior asistencia de sempre nun campo que estará dividido case ao 50 por cento para cada afección, posto que 4.000 -máis outros moitos que se desprazan sen localidade- serán @s seareir@s do Dépor que viaxarán até a cidade da Muralla para presenciar un encontro que ten moito de festa -como xa ocorreu en Riazor na primeira volta- pero tamén de relevancia polos tres puntos.

 

Precisamente, o conxunto lugués xa demostrou na Coruña -empate a cero tantos- que pode competir perfectamente contra calquera e buscará hoxe acadar a vitoria que rozou hai uns meses ante o conxunto de maior potencial da categoría. Os xogadores de Setién poderían seguir soñando coas eliminatorias polo ascenso de sumar hoxe os tres puntos.

 

Pola súa parte, o Dépor ten nove de vantaxe sobre o terceiro e o ascenso na súa man. Sería case unha realidade de vencer no Anxo Carro, onde chega coas feridas abertas do ridículo asinado a pasada semana en casa, candogoleado pola Ponferradina (0-3).

 

O regreso de Bergantiños ao once de Fernando Vázquez será a gran novidade dos coruñeses nun encontro que servirá para demostrar o bo nivel dos futbolistas galegos, con varios sobre o céspede, como na pugna que se espera no medio centro entre Bergantiños e Juan Domínguez fronte a Pita e Seoane.

Comentarios