O txupinazo do San Fermín de 2013 quedará gravado na memoria para sempre, segundo recolle o diario dixital Naiz. A presenza dun ikurriña de grandes dimensións pendurada sobre a Praza provocou o aprazamento do inicio da festa por perto de vinte minutos. Os conselleiros UPN e o alcalde de Pamplona, Enrique Maya, decidiron non lanzar o txupinazo até que a bandeira fose reitada.
O portavoz da esquertda abertzale, Txelui Moreno, foi agredido por policías, segundo denuncia o Naiz
Edís de Bildu denuncian que dentro do Concello de Iruña foron obxecto de ameazas e insultos (“Hijos de puta”) por parte de UPN, que lles responsabilizaban de pendurar a bandeira vasca.
Golpes e empurróns
Segundo informa Naiz, a policía tentou impedir a presenza tamén este ano no txupinazo de ikurriñas. Unha muralla policial quixo evitar que persoas coa bandeira vasca entrasen na praza, se ben non foron quen de conseguilo.
Houbo cargas e golpes, e o portavoz da esquerda nacionalista, Txelui Moreno, foi fortemente golpeado ao tentar mediar, segundo os medios vascos.