"De merlucita del pincho, de capón de Villalba", o Nadal "único" do concello da Coruña

Primeiro foi o mundo lapón instalado en María Pita, logo a presentación ao ritmo de sevillanas, agora a campaña de promoción de produtos da terra. "Yo soy de la merlucita del pincho, yo del capón de Villalba" lese nos carteis. O concello da Coruña non para nestas festas
concello da Coruña
photo_camera concello da Coruña

O alcalde do PP da Coruña non para de dar noticias coa súa conmemoración do Nadal. A campaña que está á vista nas rúas da cidade está a asombrar a cidadanía tanto polos seus texto en español como por incumprir a lei e empregar os topónimos deturpados. Unha marquesina co texto "Yo soy de merlucita del pincho, yo de capón de Villalba" coa lenda da campaña "Esta Navidad nos une a todos" pon o ramo a uns preparativos que conseguiron encender a oposición pola súa extravagancia, polos suntuosos gastos e polo afastamento do país en que se desenvolven. A campaña leva na parte inferior esquerda o logotipo do concello.

O concello da Coruña gastará arredor dun millón de euros na campaña do Nadal. Dedícalle 72.500 euros á construción dun poboado de Papá Noel na praza de María Pita e máis de 50.000 á cabalgata de Nadal. O alcalde Negreira presentou a campaña acompañado de mulleres vestidas de sevillanas. 

Comentarios