Guillerme Vázquez reincorpórase ao seu posto de traballo como docente

O ex portavoz nacional do BNG (2009-2013) retorna ás aulas no IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra).

 

Concluídas as súas tarefas ao fronte da portavocía nacional do BNG, Guillerme Vázquez retorna ás aulas como docente nun centro de ensino secundario pontevedrés. Após dúas décadas en que exerceu o seu labor de representante do pobo en diversas institucións (Parlamento galego, Congreso dos Deputados, concello de Pontevedra...), o nacionalista di reincorporarse "con total normalidade" á súa actividade docente.

Se se lle pergunta a Guillerme que é máis duro, se a política ou a docencia, coa súa naturalidade característica responde: "Home, nin a política nin a docencia. Duras son as condicións de vida dos centos de miles de compatriotas nosos que están sen emprego ou que, téndoo, teñen medo a perdelo, por ser precario e mal pago. Esa si que é unha vida dura".

Na súa conta twitter, @guillermegz, o ex portavoz nacional deitou este chío: "Reincorporarse ao posto de traballo, ter un mÁis que agradabel reencontro con algúns compañ[email protected] está nada, nada mal".

Comentarios