Rías lixo: Galiza acapara o 80% das zonas C do Estado

No noso país, áchanse situadas 13 das 16 áreas de produción de moluscos bivalvos co nível máis alto de contaminación fecal, pondo de relevo o fracaso da política medioambiental da Xunta.

Enseada de Caranza (Ferrol) [Imaxe: X. Lorenzo]
photo_camera Verquidos fecais na enseada de Caranza (Ferrol) [Imaxe: X. Lorenzo]

A Xunta ten atribuídas competencias sobre a calidade das augas das rías galegas. Os últimos dados disponíbeis mostran o fracaso absoluto da súa xestión nesta materia.

Segundo o proprio Ministerio de Agricultura, o 80% das zonas C -áreas que apresentan un alto nível de contaminación fecal- se achan no noso país, onde está a única zona D de todo o Estado, na Ría de Ferrol. Alí até apañar marisco pode constituír un delito contra a saúde pública. Precisamente as deficiencias en materia de saneamento propiciaron a visita dunha delegación da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo ás rías de Vigo, O Burgo e Ferrol o pasado mes de febreiro. 

A información íntegra, no número 61 do Sermos Galiza. Xa á venda nos quiosques e librarías do país. Tamén na nosa loxa.

Comentarios