O PSdeG urxe á Xunta que garanta xuridicamente os proxectos eólicos

O secretario de Transición Enerxética e Planificación Industrial do PSdeG, Ángel Mato, denuncia a "falta de xestión" nas renovábeis. 
O secretario de Transición Enerxética do PSdeG, Ángel Mato (Foto: Nós Diario).
photo_camera O secretario de Transición Enerxética do PSdeG, Ángel Mato (Foto: Nós Diario).

O secretario de Transición Enerxética e Planificación Industrial do PSdeG, Ángel Mato, instou onte á Xunta da Galiza a "poñerse a traballar na procura de solucións" ante a paralización xudicial de medio centenar de parques eólicos "cuxa autorización lle corresponde á administración autonómica". 

Neste sentido, urxiu ao Goberno galego a “garantir a seguridade xurídica dos investidores, desenvolvendo unha planificación correcta", sinala nun comunicado.

Ademais mostra mostra a súa "preocupación" ante a solicitude dunha reunión urxente por parte da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, á ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, "para coñecer as medidas que vai adoptar o Goberno español".

Tras denunciar "falta de xestión da Xunta en canto á planificación de renovábeis", ademais cuestiona se a solicitude desta cita á ministra puidese supoñer que o Executivo galego "en lugar de porse a traballar na procura de solucións" opte por "baixar os brazos" e centre os seus esforzos "en descargar responsabilidades noutras administracións".

Comentarios