Ourivaría galega: Tradición e modernidade

As ourives galegas souberon conservar a tradición, introducindo nela un aire vangardista e innovador, que está a levar a ourivaría galega á moda máis actual. Son as que traballan o ouro e a prata, materias ás que na Galiza se lles atribúe un carácter protector. A prata pensábase que era terapéutica, á vez que máxica, considerándoa un material defensivo que protexe contra o mal de ollo e as malas enerxías. Nas xoias galegas, as filigranas xogan un papel fundamental, ao representar moitas delas figuras que fan destas pezas algo máis que un ornamento, converténdoas nun elemento da identidade cultural galega.
Taller de ourivaría exposto na Feira de Artesanía de Agolada (O Deza). [Foto: Elvira Branco]
photo_camera Taller de ourivaría exposto na Feira de Artesanía de Agolada (O Deza). [Foto: Elvira Branco]
Os sapos, as arracadas da Fonsagrada ou as xoias con filigranas son claros exemplos de que a ourivaría tradicional galega está de moda na actualidade. Existen varias teorías sobre as orixes da…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios